Deputación de Lugo

A Fundación TIC grava o spot dos estudantes do Galén para a campaña nacional de sensibilización coa hixiene das mans

Gómez Besteiro participa nos Multicines Centro da capital na estrea de “Lávate as mans”, producido por alumnos, bolseiros e técnicos da TICO Ministerio de Sanidade empregará este traballo na súa rede de formación e a OMS recibirá unha copia para as campañas en países de fala hispanaNo spot participaron todos os alumnos do Galén, dende os de Educación Infantil ata os de 2º de Bacharelato, e foi grabado no colexio lucense

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, participou este luns na presentación do videoclip “Lávate as mans”, realizado polos alumnos do centro educativo Galén grazas ó apoio da Fundación TIC e de Abrigueiro Estudios. Ó acto, que tivo lugar nos Multicines Centro da capital da provincia, tamén asistiron ó Alcalde de Lugo, José López Orozco; a Directora Xeral do SERGAS, Purificación Seijas; o xerente de Abrigueiro Estudios, Arturo Vaquero; o Director do Galén, Raúl Pérez, así como o profesorado e os alumnos do centro educativo.

O videoclip realizouse con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, que se celebra todos os 5 de maio. Tanto a idea, como a música son orixinais e partiron dos alumnos de 3º da ESO. Transformouse en realidade grazas á colaboración da Fundación TIC, encargada da gravación e posprodución de imaxes, e de Abrigueiro Estudios, onde se rexistraron a música e voces dos alumnos que acompañan ó videoclip.

O spot gravouse íntegramente nas intalacións do Galén. Nel particiaron todos os alumnos do centro educativo, dende Educación Infantil e ata 2º de Bacharelato. Polo que se refire á colaboración da TIC, na gravación e posprodución participaron alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, así como técnicos da Fundación.

Campaña nacional de sensibilización
O Ministerio de Sanidade utilizará o videoclip como campaña de sensibilización para a súa rede de formación nacional e usuarios. Por outra banda, a Organización Mundial da Saúde (OMS) recibirá tamén unha copia de “Lávate as Máns” coa intención de que sexa empregada nas campañas de sensibilización nos países de fala hispana. O traballo pretende converterse nun referente na concienciación da importancia que ten a hixiene de mans á hora de evitar infeccións e enfermidades.