Deputación de Lugo

Acondicionadas con rego asfáltico as vías provinciais de 58 Concellos co Plan de Rebacheo

As actuacións desta iniciativa execútanse hoxe nos 237 quilómetros de estradas da Deputación en Alfoz, Abadín, Paradela, Monterroso e PortomarínO Plan rematará en 2 semanas logo de revisar outros 233 quilómetros provincias no Valadouro, Pol, Castroverde e Antas, e de actuar nos que o requiren Os 50 operarios e 32 máquinas despregadas para este Plan concluíron as súas actuacións no 90% da rede viaria luguesa, tras supervisar máis de 3.800 quilómetros

A Deputación executa hoxe o Plan de Rebacheo nas estradas provinciais de Alfoz, Abadín, Paradela, Monterroso e Portomarín. Esta iniciativa, posta en marcha polo departamento de Xestión Territorial, dirixido polo Deputado Manuel Martínez, consiste no acondicionamento con rego asfáltico dos puntos quilométricos que así o requiren. Para elo, este martes estanse a supervisar os 237 quilómetros de vías provincias, que discorren por ditos municipios.

Unha vez realizadas estas actuacións, nos vindeiros días, o organismo provincial fará o mesmo nos viales da súa responsabilidade no Valadouro, Pol, Castroverde e Antas, compostos por outros 233 quilómetros. Será nestes municipios onde a institución luguesa conclúa, nun prazo de 2 semanas, o Plan de Rebacheo tras levalo os restantes 58 Concellos da provincia.

Os 50 operarios e 32 máquinas despregadas para executar este proxecto xa actuaron nos máis de 3.800 quilómetros provinciais que discorren polos seguintes municipios: Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ourol, O Vicedo, Vilalba, Muras, Xermade, Lourenzá, Barreiros, Trabada, Ribadeo, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Riotorto, A Pastoriza, Cospeito, O Corgo, Outeiro de Rei, Rábade, Baralla, Baleira, Meira, Castro de Rei, Lugo, Láncara, Sarria, Páramo, Guntín, Guitiriz, Friol, Begonte, Palas de Rei, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Pedrafita, Cervantes, As Nogais, Becerreá, Courel, Samos, O Incio, Ribas do Sil, Quiroga, Bóveda, Pobra do Brollón, Sober, Pantón, Monforte, Carballedo, Taboada, Triacastela, O Saviñao e Chantada.

Deste xeito, a Deputación leva o Plan de Rebacheo a toda a rede viaria provincial, a máis estensa de España con 4.300 quilómetros, co obxectivo de mellorar as comunicacións nos 67 Concellos lugueses.