Deputación de Lugo

A Deputación celebra un Concerto de Fin de ano de música clásica na Capela de Santa María

Regina Polín e Abraham Cupeiro presentaron hoxe o recital que “Il Combattimento” dará o vindeiro día 29 ás 21:00 horas, cun programa composto por unha ducia de pezas de diferentes estilos e épocas, algunha das cales serán interpretadas con algún dos instrumentos da Colección do CENTRAD. A entrada será totalmente gratuíta“Il Combattimento” naceu no ano 2011 da man de tres músicos profesionais e mestres de ensinanzas musicais que contan cun amplo repertorio de música clásica e que neste concerto estarán acompañados por outros dous músicos A programación cultural do Centro de Artesanía continúa durante o Nadal, permanecendo abertas as exposición Nai África-A orixe na Capela e Contando con imaxes da Sala de Exposicións do Centro

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, acompañada polo músico Abraham Cupeiro, presentou esta mañá no Centro de Artesanía e Deseño o concerto que terá lugar o vindeiro día 29 de decembro ás 21:00 horas na Capela de Santa María e que suporá un peche de luxo para a programación cultural do CENTRAD deste 2012.

O concerto que se celebrará na Capela, o cal será de balde, incluirá unha ducia de pezas, de estilos que comprenden a música vocal e instrumental, sacra e de trobador, e datadas no período histórico comprendido entre o Baixo Medievo e finais do Barroco. Para elo empregarán instrumentos propias da época, coma o organetto, o cimbalón, o cornetto, a viola d’abraccio ou a cítola de 4 cordas. Precisamente, estes dous últimos serán cedidos polo propio Centro de Artesanía para este recital, que mantén unha exposición permanente da súa Coleccción de instrumentos musicais. Esta Colección de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros foi declarada Visitable pola Xunta de Galicia en decembro de 2008, e non só forma parte do Rexistro de Museos e Colección de Galicia (MUGA), senón que conseguiu, pola súa importancia e sona fóra da nosa terra, que o Ministerio de Cultura a inclúa no Directorio de Museos e Coleccións do Estado.

Polín quixo animar ós lucenses a achegarse ó día 29 ata a Capela de Santa María, posto que “será unha oportunidade única para comprender a riqueza que supón contar cunha Colección permanente de instrumentos, así como cun obradoiro artesanal, ó poder escoitar como sonaban estes instrumentos no seu tempo e nun entorno tan especial para elo como é a Capela”

Pola súa banda, Cupeiro quixo agradecer “a colaboración prestada pola Deputación de Lugo, non só por ceder o estupendo espazo que supón a Capela para interpretar este tipo de música, senón polos reponsables do Centro e en especial, ó Obradoiro de Instrumento Musical”

“Il Combattimento”

O recital será ofrecido polo conxunto multiinstrumental “Il Combattimento”, nado no 2011 das mans de Diego Segade, María Ruiz e o propio Abraham Cupeiro, os cales contan cun amplo repertorio de música clásica de diferentes épocas e estilos. Este tres rapaces lucenses combinan a súa actividade artística coa educativa, xa que todos eles teñen a súa vida laboral centrada na ensinanza superior de música no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, no caso de Cupeiro, e no Conservatorio Superior de Música e no Centro Profesional de Música de Fingoi, en Lugo, no caso dos outros dous compoñentes. Este último Centro tamén presta a súa colaboración, ofrecendo o seu espazo como lugar de ensaios.

Sen embargo, o día 29 na Capela serán 5 os músicos que tomarán parte no mesmo. “Il Combattimento” contará coa colaboración do músico bielorruso Vadzim Yukhnevich ó organetto e Carlos Vázquez ó cimbalón. Como parte da colaboración entre este conxunto musical e o propio Centro, Abraham Cupeiro traballará directamente cos artesáns do obradoiro musical do CENTRAD para elaborar dous “cornetos”, un dos cales pasará a formar parte dos fondos do Centro de Artesanía.

Plans de Nadal no CENTRAD

A actividade do Centro de Artesanía non se detén nesta época de Nadal, mantendo abertas mostras que poden resultar un bon plan para estas datas festivas. Ata o próximo día 28 na Capela de Santa María segue aberta ó público a exitosa exposición Nai África- A orixe, que recolle diferentes pezas de xoiería, así coma catro traxes de voda da cultura bereber. O horario de visitas é de luns a venres de , sábados de e domingos e festivos de

Pola contra, a sala de exposicións do CENTRAD acolle a mostra Contando con imaxes, composta por debuxos feitos pola artista lucense Noemí López para ilustrar as páxinas de libros infantís e xuvenís. Neste caso, está aberta ó público de 10:00 a 14:00 horas.

En ambos casos, a entrada é totalmente gratuíta e permanecerán pechadas os días 25 e 1 de xaneiro.