Deputación de Lugo

A AREA DE CULTURA E DEPORTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO INICIA TORNEOS DE FUTBOL PRAIA EN VARIOS CONCELLOS DA COMARCA DA MARIÑA

Imaxe deputación de lugo
O prazo de inscricións xa está aberto para todas aquelas persoas que queiran participar desta actividade que se desenvolverá nos concellos de Xove, Burela, Barreiros e Cervo

Esta área complementa as actividades de ocio para veciños e visitantes en diferentes concellos costeiros A Area de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo continua desenvolvendo o programa previsto nas ACTIVIDADES DE VERÁN en distintos concellos da Comarca da Mariña. Unha vez rematado o programa de vollei praia coa colaboración dos concellos e do clube EMEVE, darase inicio o día 18 de agosto, coa colaboración do Fútbol Sala Burela, ao programa previsto de futbol praia nos areais de Lago (Xove), Portelo (Burela), Coto (Barreiros) e O Torno en San Cibrao (Cervo).O calendario desta actividade será para o Concello de Xove, os días 18, 19 e 20 de agosto; para o concello de Burela os días 19, 20 e 21 de agosto, para o concello de Barreiros os días 26, 27 e 28 de agosto e para o Concello de Cervo os días 25, 27 e 28 de agosto.As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nas follas distribuídas ao efecto nas diferentes concellos onde se realiza e ante calquera dúbida poderán chamar ao número de teléfono posto a disposición polo Fútbol Sala Burela 670321857.Despois do éxito de participación acadado na actividade de vollei praia, desde a área de Cultura e Deporte da Deputación faise unha valoración positiva da posta en marchade actividades lúdico-deportivas no verán. Segundo o responsable desta área, Antonio Veiga, “agardamos que esta actividade, organizada polo Fútbol Sala Burela, acade unha participación similar á obtida nas outras actividades que organizamos nas praias de A Mariña para seguir incrementando e mellorando, nos vindeiros anos, estas actividades que complementan as programacións de ocio e lecer dos concellos”.