Deputación de Lugo

A cestería catalá, protagonista no próximo curso da programación do CENTRAD

Imaxe deputación de lugo
O Centro de Artesanía e Deseño recupera así unha técnica da que non existe tradición en Galicia, agás en Ortigueira

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación continúa coa programación de inverno de cestería. Neste senso, mañá dará comezo o sétimo obradoiro na que os participantes aprenderán a técnica catalá que inclúe a fabricación de cestas con asa central a través do anoado de xuncos.Deste xeito, o CENTRAD pretende recuperar un tipo de cestería que é común das rexións mediterráneas e da que apenas existe tradición en Galicia. Os artesáns do Centro de Artesanía tan só atoparon este tipo de cestas no Museo de Ortigueira. A técnica caracterízase tamén pola súa versatilidade, xa que permite ser aplicada a outro tipo de materiais como o vimbio vivo.Impartido polo artesán de Xirona, Josep Mercader, desenvolverase no Centro de Cestería do río Rato ata o 5 de abril con diferente horario. O día 3, de 16:00 a 20:00 horas, e o 4 e o 5 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.Despois da Semana Santa, ademais da cestería tradicional galega de vimbio, será a quenda do vidro e da cerámica.