Deputación de Lugo

A semana que vén comezan os traballos da 1ª fase do Plan de obras do Canon de Chantada

Imaxe deputación de lugo
A Xunta de Goberno aprobará mañá a contratación de 15 obras incluídas no proxecto de rexeneración de pistas rurais, a reurbanización do polígono dos Acivros e o saneamento do núcleo de Viana

Os traballos de mellora dos viais rurais comezarán o 15 de maio e terán unha duración de dous mesesA Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a contratación da primeira fase das obras incluídas no Plan de Obras do Canon de Chantada 2008, e que ascende a 1,6 millóns de euros. O venres, 15 de maio, comezarán os primeiros traballos correspondentes á mellora e acondicionamento de 15 pistas incluídas no proxecto de rexeneración de vías rurais dotado cun investimento de 1.149.764 euros.Deste xeito, cúmprese a promesa asumida polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, na visita realizada no mes de febreiro a Chantada, onde anunciara que no mes de maio habería obra aberta para a rexeneración de camiños rurais.Fóra da orde do día, o titular da institución provincial ordeou a inclusión doutros proxectos ós que se dará o visto e prace, como o saneamento do núcleo de Viana, ó que se destinan 16.143 euros, así como a reurbanización do polígono dos Acivros, a primeira en máis de 20 anos, na que a Deputación investirá 45.226 euros. O firme das rúas e os servizos do polígono non foron renovados desde a súa construción, polo que este deterioro fai urxente esta intervención.O organismo provincial tamén aprobará a adquisición de terreos para a depuradora por valor de 150.000 euros. Neste caso, ó Concello correspóndelle aportar estes terreos nos que a Consellería de Medio Ambiente construirá a nova depuradora de augas residuais. A outra actuación que se ratifica beneficia ó Campo de fútbol de Sangoñedo con 169.389 euros. 5 millóns para ChantadaO Concello de Chantada recibirá da Deputación preto de 5 millóns de euros en investimentos, distribuídos en tres anualidades, para pagar o canon hidroeléctrico. Co Plan de Obras, o equipo de Goberno presidido por Gómez Besteiro, salda así unha das principais débedas históricas que arrastraba a institución provincial. Trátase dun Plan consesuado, e non imposto, co que se cumpren os desexos dos veciños a través do Concello e se pon fin a unha situación que arrastraba a Deputación desde hai 18 anos. O Concello de Chantada presentou en setembro de 1992 un recurso contencioso-administrativo sobre a distribución do canon de enerxía hidroeléctrica dos exercicios 1981 a 1985. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou este recurso e condeou á Deputación ó seu pagamento.Tras numerosos obstáculos e a negativa do anterior equipo de goberno a cumprir a sentenza, a nova Deputación e o Concello, presidido polo mesmo Alcalde que presentou o recurso, chegaron a un acordo que puxo fin ó histórico conflito mediante un acordo extraxudicial.