Deputación de Lugo

Aberto o prazo para participar gratis en #INLUGO, o congreso que reúne a elite nacional de Internet por 1º vez en Galicia

Imaxe deputación de lugo
Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.org ou www.inlugo.com ata completar o aforro rigorosamente por orde de entrada das solicitudesDende hoxe e ata o 4 de xuño, a Deputación abre nos mesmos espazos web o prazo de presentación das candidaturas para os Premios #INLUGO, que recoñecen o bo emprego de Internet e as novas tecnoloxías de persoas, proxectos ou organizacións da provincia

A Deputación abre hoxe o prazo para participar gratis en #INLUGO, o congreso que reunirá á elite de Internet na capital lucense os días 7 e 8 de xuño, situando á provincia á vangarda en materia de coñecemento e formación no ámbito dixital. Os interesados poden formular a súa inscrición en www.deputacionlugo.org e www.inlugo.com. Para a participación, respectarase rigorosamente a orde de entrada das solicitudes ata completar o aforo.

Hoxe tamén se abre o prazo de solicitude para participar nos Premios #INLUGO, unha iniciativa coa que a Deputación quere recoñecer as iniciativas, persoas ou organizacións da provincia luguesa que están a destacar polo bo emprego de Internet e as novas tecnoloxías nos seguintes ámbitos: comercio, ocio e restauración; educación e formación; deporte e saúde; cultura e social; e tecnoloxía. Os interesados poderán presentar as súas candidaturas ata o 4 de xuño, cubrindo o formulario en www.deputacionlugo.org e www.inlugo.com. Os gañadores recibirán un trofeo e dispositivos tecnolóxicos de última xeneración cedidos por Telefónica.

Cofinanciado pola Unión Europea

#INLUGO, enmarcado na aposta da Deputación pola economía do coñecemento, está cofinanciado nun 80% pola Unión Europea. Para a súa organización, a institución conta co apoio de InterQué, entidade integrada por profesionais cunha amplia traxectoria das Novas Tecnoloxías da Información, ligados a Internet dende hai máis dunha década, que están detrás do desenvolvemento de proxectos de éxito como Bitacoras.com, a maior rede social blogger do mundo hispano, con máis de 350.000 usuarios rexistrados e máis de 1 millóns de blogs indexados; ou Laburo, o 1º metabuscador hispano de emprego.

Baixo o eslogan “Internet cerca de ti”, #INLUGO aspira a converterse no principal encontro de referencia en Galicia, que ata hoxe non conta cun encontro tecnolóxico das características que deste congreso. Máis de 30 recoñecidos profesionais en España, de sectores como o xornalismo, turismo, tecnoloxía, emprego, marketing online ou acción social, cuxos blogs e redes sociais contan con miles de seguidores, compartirán nesta cita o seu coñecemento a través de varias ponencias e debates, nos que abordarán os cambios nos hábitos, mentalidades, formas de comunicación e estilos de vida que está provocando Internet na sociedade. Tamén haberá espazo para a innovación e o emprendemento, coa presentación de proxectos nos que se empregan as redes sociais como medio de expresión e negocio, ou cunha mesa redonda na que se abordará como a Rede pode impulsar empresas ou produtos. Algúns dos protagonistas deste congreso son: Mario Tascón, gurú dos medios dixitais e tweetgrafólogo; Pilar Portero, activista do xornalismo 2.0; Alfonso Alcántara, referente no emprego e coaching 2.0; Wicho, creador do blog máis popular en España; Sebastián Muriel, Tuenti, a rede dos máis novos; Francisco Polo, o ciberactivista de referencia con change.org; Clara Grima, a profesora blogueira das matemáticas; Victoriano Izquierdo, recoñecido fotoblogger con Pixel Fugaz; ou Gonzalo Moreno, Minube, a Comudade de Viaxeiros, entre outros recoñecidos profesionais.