Deputación de Lugo

O Presidente reúnese con todos os representantes sindicais

O Presidente, Darío Campos Conde, reuniuse este martes con todos os representantes sindicais, sendo un total de 23 membros de UGT, CC.OO, CSIF e CIG que conforman a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, aos que Campos Conde lles quixo trasladar unha mensaxe de tranquilidade, posto que “a normalidade voltou á Deputación”, así como tenderlles a súa máxima colaboración.

Campos Conde tamén mantivo hoxe un encontro cos traballadores de Vías e Obras, Recadación, Cooperación e Asistencia aos Concellos e Centro de Artesanía e Deseño. Esta semana, fará o mesmo cos profesionais do Parque Móbil e da Fundación TIC.

O Presidente rematará deste xeito a primeira rolda de reunións coa totalidade do persoal da Deputación logo de visitar o pasado venres os departamentos provinciais que se sitúan no Pazo de San Marcos.