Deputación de Lugo

A Deputación esixe á Xunta convocar a Comisión de Seguimento dos GES, ante as 'graves irregularidades' na selección do persoal

Concellos e colectivos enviaron escritos ó organismo provincial, denunciando que Guitiriz, Folgoso do Courel e Quiroga modificaron as bases do concurso, establecidas no convenio de Xunta, Deputacións e FEGAMP, “discriminando ós aspirantes para contratar amigos”Mentres Guitiriz alterou os requisitos dos participantes ou as puntuacións, Folgoso do Courel fixo un concurso de méritos e non unha oposición, contratando á irmá da AlcaldesaA Deputación de Lugo, que en días pasados deu conta ó Goberno galego desta situación, “que non vamos a permitir e da que non vamos a ser cómplices”, demanda á Consellería de Presidencia, como máxima responsable, que convoque de xeito inmediato esta Comisión

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, acompañada polo Deputado provincial e membro da FEGAMP, José Luis Raposo, e os Alcaldes de Becerreá, Manuel Martínez; Monterroso, Antonio Gato; A Fonsagrada, Argelio Fernández, e da Pontenova, Dario Campos; esixiu este mércores á Xunta de Galicia que convoque unha Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supraminicipal (GES), ante “as graves irregularidades” detectadas no proceso de selección do persoal. Lara Méndez explicou que nos últimos días o organismo provincial recibiu varios escritos de Concellos e colectivos lugueses, alertando desta situación en Guitiriz, Folgoso do Courel e Quiroga. “Hai días que demos conta á Xunta desta situación, que non vamos a permitir e da que non vamos a ser cómplices, polo que demandamos unha solución inmediata. A Conselleira de Presidencia ten que convocar esta Comisión”.

Tal e como destacou Raposo, o convenio subscrito por Xunta, Deputacións galegas e FEGAMP, apunta, textualmente, que “as bases das convocatorias para a selección do persoal son elaboradas pola Xunta de Galicia, comúns para todos os grupos e públicas”. Manuel Martínez denunciou que Guitiriz modificounas as bases, alterando os requisitos dos aspirantes ou as puntuacións. Por exemplo, establece que poden concorrer a estas prazas todas as persoas que teñan cumpridos os 16 anos, cando no convenio se determina que hai que ter 18 anos. Puntúa cun máximo de 4,5 puntos o traballo desenvolto como persoal do Grumir ou nos Grupos Municipais de Emerxencias, cando no convenio a puntuación máxima e de 3 puntos; cun máximo de 1 punto a prestación de servizo en operativos de intervención directa en emerxencias, accidentes, incendios e outras labores de salvamento, cando no convenio son 2,5 puntos; ou cun máximo de 0,5 puntos POR CADA ANO na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, cando no convenio son 0,5 puntos POR CADA MES.

Contratada a irmá da Alcaldesa

En Folgoso do Courel e Quiroga xa contrataron este persoal cando, segundo os prazos fixados pola Xunta, todos os municipios deberían estar en pleno proceso de selección coa elaboración, esta mesma semana, da listaxe de admitidos e excluídos. Non so alteraron o calendario, senón que celebraron un concurso de méritos e non cun concurso oposición, do que saíu contratada a irmá da Alcaldesa do Courel, Lola Castro. “Non só ignoraron o convenio facendo unhas bases propias, senón que fixeron un procedemento fraudulento, ignorando os principios de igualdade ou publicidade, para beneficiar ós amigos”, subliñou.

Clara discriminación

O Alcalde de Monterroso, Antonio Gato, destacou que esta situación supón “unha clara discriminación para os propios aspirantes ós GES, para todas aquelas persoas que se están a preparar para un proceso de selección dos mellores, de auténticos profesionais das emerxencias, con formación e prácticas, por vez primeira en Galicia, no sector.