Deputación de Lugo

A Deputación organiza esta fin de semana unha Gymkhana medioambiental para toda a familia

Imaxe deputación de lugo
O Centro de Interpretación Terras do Miño fomenta a concienciación medioambiental coa organización de probas que as familias deberán superar traballando en equipoA actividade se realizará en dúas quendas de sábado e domingo en horario de 11:00 a 14:00 nas inmediacións do Paseo do RatoAínda se atopan dispoñibles as últimas prazas, das 30 prazas totais, na páxina web: www.deputacionlugo.org, cubrindo un pequeno formulario de inscrición

A Deputación de Lugo organiza unha Gymkhana Medioambiental para toda a familia no Centro de Interpretación Terras do Miño e arredores os días 14 e 15 de setembro, entre as 11:00 e as 14:00 horas. A Deputación realiza esta actividade para que as familias tomen conciencia da importancia de preservar os espazos naturais, ó tempo que se divirten superando retos e traballando en equipo.

A Gymkhana consta de cinco probas, que os nenos e familiares deben ir superando seguindo unha orde preestablecida, que propicia, en todo momento, que o xogo sexa áxil e que ningún grupo teña que esperar quenda. A comunicación e colaboración é fundamental entre os membros de cada equipo.

Últimas prazas

A actividade está pensada para toda a familia, e ten unha oferta de 30 prazas, das cales aínda se atopan dispoñibles as últimas na páxina web www.deputacionlugo.org. Os interesados poden inscribirse no enlace Actividades Medioambientais do Centro de Interpretación Terras do Miño, onde se atopa un pequeno formulario que deben cubrir para asegurar a organización das probas. Para máis información , pódese enviar un correo a und.medioambiente@deputacionlugo.org ou ben chamar ó teléfono 982 227 812.

Actividades para toda a familia

Ademais, neste mes de setembro, a Deputación ten organizadas máis actividades para nenos e maiores. O 28 de setembro en quenda de mañá ou tarde os máis pequenos poderán aprender a cociñar de xeito divertido e saudable a un tempo. Os maiores poderán desfrutar a fin de semana do 21 e 22 deste mes dunha ruta etnográfica polo río Rato, na cal se realizará unha radiografía do cambio que sufriu o contorno do río ó longo da historia. Ademais o 26 de setembro, se expoñerá nunha conferencia os valores e potencialidades da Reserva da Biosfera de Os Ancares lucenses. Os que se acheguen ata o Centro de Interpretación Terras do Miño poden ver nas súas instalacións a exposición “Pegadas para a terra”, que analiza o papel de diferentes colectivos e persoeiros en prol da defensa do medio ambiente e os dereitos humanos.