Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo, entre as primeiras de España en transparencia

Imaxe deputación de lugo
A organización Transparencia Internacional de España concedeu un sobresaínte á institución luguesa, con 92,5 puntos sobre os 100 máximos, sendo a 6ª puntuación máis alta a nivel estatalEn Galicia, a de Lugo, xunto coa de Ourense con outro sobresaínte, é a máis transparente. Séguelle Pontevedra, con 71,3 puntos e A Coruña, con 60 puntosEste resultado é froito do traballo desenvolto dende hai 6 anos coa aposta do Presidente por abrir ós veciños a institución, modernizala, e facela eficaz e transparente

A organización Transparencia Internacional de España (TI-España) vén de facer públicos os resultados do seu estudo sobre o nivel de transparencia das Deputacións en España, situando á de Lugo nos primeiros postos, tras concederlle un sobresaínte, con 92,5 puntos sobre os 100 máximos.

Trátase da sexta puntuación máis alta a nivel estatal, despois da dos organismos provinciais de León e Valladolid, con 100 puntos; Ourense, con 98,8 puntos; Tarragona e Biscaia, con 97,5; Palencia, con 96,3; e Valencia, con 93,6.

A nivel galego, a de Lugo é, xunto coa de Ourense que obtivo outro sobresaínte, a máis transparente. Séguenlle a de Pontevedra, con 71,3 puntos e por último a da Coruña, con 60.

TI-España elaborou este estudo tras avaliar 80 indicadores de seis áreas: información sobre a Deputación; relación cos cidadáns e a sociedade; económico-financeira; contratación de servizos; apoio ós municipios; lei de transparencia.

Os resultados da Deputación de Lugo son froito do traballo desenvolto dende hai 6 anos coa aposta do Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, por abrir a todos os veciños da provincia a institución, modernizala, e facela eficaz e transparente.

O organismo provincial avanzará neste proceso de modernización, transparencia e racionalidade coa presentación no 2015 dos seus presupostos participativos, converténdose na 1ª Deputación de España que emprega esta fórmula.