Deputación de Lugo

Manuel Martínez lamentou que o Goberno de Núñez Feijóo 'non vaia facer nada para loitar contra o paro porque non saben que facer'

Imaxe deputación de lugo
O voceiro provincial socialista denunciou que cando o goberno autonómico se xustifica dicindo que “a situación non é boa pero outros están un pouco peor, están a admitir a súa propia incompetencia e a súa falta de proxecto”“Hai alguén que aínda dubide do efecto do recorte de 238 millóns de euros nos fondos para políticas activas de emprego da Xunta; da redución nun 74% do investimento por cada galego desempregado?”O Deputado denunciou a discriminación de Lugo, onde se rexistrou o maior incremento de fogares con todos os seus membros en paro”, e retou ó PP a “criticar que a Deputación destine 13 millóns de euros para xerar emprego facendo o que non está a facer a Xunta”

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, lamentou que o Goberno de Núñez Feijóo “non vaia facer nada para loitar contra o paro porque non saben que facer”, logo de coñecer os últimos datos da Encuesta de Poboación Activa (EPA), que revelaron un importante descenso da taxa de actividade en Galicia que, cun 54,32%, é a segunda máis baixa do país.

Martínez lembrou que o ano 2014 comeza con 38.600 galegos sen ocupación -4.300 deles lucenses-, sumando xa 277.800 galegos sen traballo, feito que “deixa á vista as mentiras fachendosas e os enganos continuados do Goberno de Núñez Feijóo, que hai moito que deixou de loitar contra o paro”. O Deputado fixo fincapé no que identificou como “o efecto do recorte de 238 millóns de euros nos fondos para políticas activas de emprego da Xunta de Galicia; da redución nun 74% do investimento por cada galego desempregado”, e preguntou “como nos van vender a súa mentira, agora que xeramos menos emprego que o resto de España?”

Martínez denunciou a situación particular da provincia de Lugo, que “volve ser a máis castigada: a discriminación á que están sometendo a todos os lucenses fai que a nosa provincia se teña rexistrado o maior incremento de fogares con todos os seus membros no paro”, e dixo “estar agardando polo próximo que dirán a señora Candia ou o señor Balseiro”, dos que afirmou “volverán criticar que a Deputación destine 13 millóns de euros para xerar emprego na provincia e facer o que non está a facer a Xunta de Galicia”, lembrando que o organismo lugués destina o triple que a Xunta a emprego, cando esta conta cun orzamento 100 veces maior que a Deputación. Martínez preguntou se novamente seguirán levando ós tribunais todo plan de emprego que poña en marcha a Deputación?”