Deputación de Lugo

Martínez: 'O PP volve a mentir porque lle molesta que a Deputación poña en marcha plans de emprego na provincia que non fai a Xunta'

Imaxe deputación de lugo
O voceiro destacou que, tal e como recollen as bases públicas, os requisitos do plan de emprego para Concellos de menos de 5.000 habitantes son non terse beneficiado de escolas taller e obradoiros de emprego da Xunta dende 2009O Deputado indicou que municipios que resultaron beneficiados deste plan si solicitaron talleres do Executivo autonómico, sen recibir tan sequera resposta algunha para poder recorrer, e avanzou que tamén pedirán obradoiros este ano ó Goberno galegoMartínez instou á Xunta a publicar o reparto do Plan de Cooperación e remarcou a “dobre discriminación” que sofren Concellos lugueses con esta iniciativa, pois as únicas subvencións que reciben son para os GRUMIR, agora os GES, porque lles obriga a Lei

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou este venres que o “PP volve a mentir porque lle molesta que a Deputación de Lugo poña en marcha plans de emprego na provincia que non fai a Xunta, a pesares de ser a administración galega coas competencias”.

Primeira mentira. Martínez lembrou que, tal e como recollen as bases feitas públicas, os requisitos do plan de emprego para Concellos de menos de 5.000 habitantes, os de menores recursos, son non terse beneficiado de escolas taller e obradoiros de emprego da Xunta de Galicia dende 2009. Así o cumpren, os 12 municipios que resultaron beneficiados. “O señor Balseiro mente, ó igual que fai Rajoy, Feijóo ou Rueda”.

Segunda mentira. O Deputado destacou que os Concellos beneficiados deste plan si solicitaron escolas taller e obradoiros da Xunta, que non lles foron concedidos. “Dende que chegou Feijóo, Becerreá fíxoo unha vez de xeito solitario e outra vez conxuntamente con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Navia de Suarna. Nin tan sequera non contestaron, limitando a posibilidade de presentar un recurso”.

Neste senso, Martínez adiantou que “ tamén vamos a solicitar obradoiros de emprego da Xunta de Galicia para este ano, que veñen de publicarse”.

“Dobre discriminación”

O Deputado destacou a “dobre discriminación” por parte da Xunta que sofren Concellos lucenses, facendo alusión ás axudas do Plan de Cooperación do Executivo autonómico. O voceiro instou ó Goberno galego de Feijóo a publicar o reparto destas subvencións, poñendo como exemplo Becerreá, que nos últimos tres anos recibiu, exclusivamente, 300.000 euros para financiar os GRUMIR, agora GES, porque lles obriga a Lei.

“A evidente e demostrada política discriminatoria do Partido Popular de Feijóo en Lugo fai necesaria a posta en marcha de actuacións de reequilibro laboral. Pero isto tamén lle molesta ó PP, que chegou a levar ós tribunais o Lugo Emprega, que deu traballo a máis de 700 traballadores de todos os Concellos da provincia. Está molesto porque a Deputación de Lugo fai nesta provincia o que non fai a Xunta de Galicia. Adicamos 13 millóns de euros en emprego para todos os Concellos. En vez de tanto manifestar, o que debería facer o PP é investir en emprego na provincia”.