Deputación de Lugo

Todas as axudas da Deputación a colectivos da provincia están avaladas polo Pleno, sen ningún voto en contra do PP

Imaxe deputación de lugo
A institución luguesa só aproba proxectos de interese xeral e afirma que a propia Xunta de e as demais Deputacións galegas prestan as mesmas axudasSen embargo, o Partido Popular na Deputación de Lugo aínda non xustificou gastos escandalosos a África, cacerías ilegais de luxo o restaurantes en Miami

A Deputación de Lugo informa de que todas as axudas que presta a colectivos e asociacións sen ánimo de lucro que traballan na provincia están avaladas polo Plan Estratéxico de Subvencións que se aproba anualmente no Pleno da corporación, sen ningún voto en contra do Partido Popular. O Goberno provincial, a través do seu voceiro socialista, Manuel Martínez, subliña tamén que todas e cada unha das colaboracións apoian proxectos concretos de interese xeral. “Á marxe das calumnias do PP, resulta inxustificable que cuestione este tipo de colaboracións, cando fai as mesmas ou semellantes na propia Xunta de Galicia e nas restantes Deputacións galegas”, asegura Martínez.

“Se o que pretende o PP é darlle, como sempre fixeron eles, as axudas públicas só os amigos, saltándose todo o procedemento de concesión de subvencións, este Goberno provincial non o vai a permitir, nin actuar nunca deste xeito”, recalca o voceiro socialista. Este executivo “nunca pagará, como fixo o PP, gastos escandalosos que aínda non xustificou, como viaxes a África, Copenhague, Bolonia ou Malabo; cacerías ilegais; restaurantes en Miami; festas privadas en dependencias provinciais; flotas de coches de aluguer a plena disposición para vacacións ou facturas de teléfonos de domicilios particulares”, engade.

O Deputado considera así mesmo que “o descoñecemento da portavoz do Partido Popular non se debe o que tiña que saber pola dedicación exclusiva que cobra, de 50.400 euros ó ano, senón á súa falta continuada ó traballo, xa que prefire dedicarse á súa actividade privada como axente de seguros na provincia”.