Deputación de Lugo

Restablecida a normalidade da circulación nas estradas provinciais tras atender preto de 90 incidencias en apenas 48 horas

Imaxe deputación de lugo
Os 102 traballadores e os 54 vehículos do operativo activado atenderon 86 incidencias provocadas polo temporal de vento e choiva así como pola neve no caso das estradas da MontañaO dispositivo posto en marcha ante o paso do temporal Dirk amosou a súa efectividade logrando reabrir ó tráfico as estradas LU-2002, LU-1611 e LU-1706 xa ó mediodía do 24 de decembroMalia a mellora do clima, os operativos e o dispositivo invernal da Deputación de Lugo permanecen activados para actuar coa máxima axilidade en caso de novas inclemencias ou sucesos puntuais

Os efectivos postos en marcha pola Deputación de Lugo o pasado martes restableceron rapidamente a normalidade nas estradas provinciais, logo de dúas intensas xornadas atendendo ás incidencias provocadas polo paso do temporal que afectou a toda a xeografía galega, así como pola neve no caso dos Concellos da Montaña. O dispositivo posto en marcha a noite do pasado día 23 ante a alerta vermella decretada, amosou a súa efectividade normalizando con rapidez, xa ó mediodía do 24 de decembro, a circulación en todas as estradas afectadas en numerosos puntos da provincia. Os medios dispostos polo organismo provincial atenderon preto de 90 avisos, principalmente por caídas de árbores na calzada –o 95% das mesmas-, e por desprendimentos de terras provocados polas intensas precipitacións nos restantes casos.

104 operarios e 54 máquinas estiveron traballando de xeito continuado, grazas ó cal foi posible restablecer á maior brevidade o tráfico nas estradas máis afectadas e que, de feito, tiveron que ser pechadas ó tráfico na mañá do día 24: a LU-P-2002 no Concello de Abadín, na que o vento provocou a caída de cableado eléctrico na vía; a LU-P-1611 no Concello de Begonte, na que se produciu un desprendimento de terras e a LU-P-1706, en Cospeito, no que a estrada tivo que ser cortada pola caída de varias árbores que provocaron, ademais, o corte da liña telefónica. A rápida actuación dos servizos provinciais permitiu o restablecemento do tráfico fluído a mediodía.

Por outra banda, tamén o dispositivo de inverno, activado o pasado mes de outubro, estivo traballando nos Concellos da Montaña lucense, onde as 6 máquinas quitaneves do organismo provincial limparon de neve as estradas para garantir a seguridade dos usuarios da rede viaria. Neste caso, tamén se pode circular con normalidade a estas horas.

Malia que a situación atmosférica deu hoxe un respiro, tanto o dispositivo invernal como o resto do operativo da Deputación de Lugo permanecen activados para actuar coa máxima axilidade en casos da chegada dun novo temporal ou sucesos puntuais, para conservar e manter sempre en perfectas condicións a rede viaria provincial, posto que as previsións apuntan a que as inclemencias meteorolóxicas regresarán nos vindeiros días.