Deputación de Lugo

A Deputación súmase un ano máis á Hora do Planeta

Imaxe deputación de lugo
A iluminación ornamental da fachada e o alumeado interior do Pazo de San Marcos manteranse apagadas entre as 20:30 e as 21:30 horas do sábado 29 de marzo en sinal de compromiso coa protección do medio ambiente

A Deputación de Lugo permanecerá a escuras entre as 20:30 e as 21:30 horas do próximo sábado 29 de marzo adheríndose, como é habitual, á iniciativa A Hora do Planeta. O organismo provincial manterá apagado tanto o alumeado interior como o ornamental da fachada principal. A institución luguesa amosa deste xeito o seu compromiso na loita contra o cambio climático e a protección do medio ambiente.

Esta campaña, nacida hai sete anos, tomou unha nova dimensión no ano 2012, cando máis de 7.000 cidades de 150 países decidiron sumarse apagando milleiros de edificios públicos e monumentos emblemáticos. Deste xeito, institucións e cidadáns de todo o mundo tratan de concienciar na defensa do medio ambiente. Ademais, entre as novidades deste ano destaca a creación dunha aplicación para apagar ordenadores e dispositivos móbiles durante esta hora.