Deputación de Lugo

Desbordadas as prazas previstas para o 4º Surf-Camp debido ó éxito desta actividade da Deputación

- Gómez Besteiro afirmou que “foi un éxito que duplicáramos nesta convocatoria as horas de formación en relación coas anteriores, polo que podo confirmar que haberá un 5º Surf-Camp na Mariña” - A convocatoria espertou tal interese que se superaron as 300 prazas previstas acadando un total de máis de 400 participantes -Na xornada de hoxe participou xente de todas ás idades: nenos; parellas; grupos de amigos e asociacións deportivas

A última xornada do 4º Surf-Camp da Deputación, que se celebrou na praia da Rapadoira en Foz, recibiu unha grande acollida por parte dos participantes, tanto que se superaron en máis de 100 as prazas previstas para a xornada do domingo. As actividades do Surf-Camp, financiadas nun 80% con fondos europeos do programa medioambiental da Deputación Lug02, servíronlle a máis de 400 persoas para aprender da man dos mellores os segredos e as técnicas deste deporte.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, salientou que “a demanda de prazas para realizar as actividades desta fin de semana superou de novo todas as expectativas. É un orgullo ver como nos últimos años a Mariña tamén é un referente do surf, onde nos últimos cinco años naceron clubes e afeccionados de todas as idades. Confirmado que organizaremos un 5º Surf-Camp o próximo ano". O titular provincial quixo destacar tamén que “parte deste éxito reside na decisión de duplicar as horas de formación dirixidas ás familias e ó público en xeral”.

O tempo hoxe non acompañou pero aínda así, centos de persoas chegadas de Avilés, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Lugo capital, entre outros, desprazáronse ata a praia da Rapadoira en Foz para aproveitar o último día de actividades do Surf-Camp, a única oportunidade que hai en España para aprender de xeito totalmente gratuíto e través da elite do Surf cales son as claves para facer este deporte.
Entrega de premios
A 4ª edición do Surf-Camp rematou este domingo día 29, despois dunha fin de semana chea de actividades e emocións. Entre ás 12:00 e ás 14:00 horas, os mellores surfeiros de Europa, acompañados de monitores, ensináronlle a centos de persoas as técnicas para surcar as ondas da maneira máis axeitada posible. Ás 14:00 horas celebrouse a entrega de premios, na que participou a Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo. Nesta edición os gañadores foron os irmáns Samuel e Carla Ferreiro Fernández; Iván Gegunde Vecino e Daniel Rego Aira, todos eles menores de 14 anos.