Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo non está a ceder competencias do funcionariado a traballadores de empresas privadas

Imaxe deputación de lugo

En resposta ás acusacións verquidas polo sindicato CC.OO, nas que se afirma que a  Deputación cede competencias laborais a traballadores de empresas privadas co fin de incorporalos posteriormente ó cadro de persoal do organismo provincial, dende a Deputación de Lugo manifestamos:

1.- Calquera contrato da Deputación realizase para funcións non reservadas a persoal funcionario.
Estes traballadores realizan funcións de asesoramento cualificado no ámbito das novas tecnoloxías e asistencia específica neste ámbito. O que se contratan son servizos relacionados co ámbito tecnolóxico e que son necesario para un asesoramento cualificado. A asistencia informática e tecnolóxica non afecta ao núcleo esencial da función pública.

2.- A planificación, dirección, supervisión e control da actividade realizase por persoal funcionario da propia Deputación.
Quen está en contacto con un Coordinador da propia estrutura xerárquica da empresa Adxudicataria.

3.-A prestación do Servizo realízase por persoal dependente da dirección da propia empresa adxudicataria, perciben as retribucións da mesma, realizan o seu traballo nas condicións laborais propias desta empresa, sen que dende a Deputación se ofreza ningunha instrución sobre horario, xornada, descanso etc., sendo todo isto completamente alleo do réxime laboral do persoal da Deputación.

4.-As actividades da empresa adxudicataria realízanse na propia Deputación por razóns de execución material de das propias tarefas.
Os equipos que hai que reparar ou manter non poden estar baixo ningún caso fóra do Pazo de San Marcos. O contrato asinado coa empresa adxudicataria contempla ademais cláusulas de confidencialidade que garanten o cumprimento das esixencias impostas pola lexislación en materia de protección de datos e seguridade dos sistemas de información.

5.- Por estar referíndonos ó sector das novas tecnoloxías da información e da comunicación, en constante innovación, non é desaconsellable que a asistencia e mesmo o mantemento dos equipos se contraten cunha empresa que dispoña dos medios humanos e tecnolóxicos e mesmo cos coñecementos actualizados; como fan a maioría de administracións locais, provinciais ou autonómicas no sector tecnolóxico e que contratan estes servizo a empresas privadas para levar adiante e con éxito os procesos de innovación que se desexan acometer, tanto na Deputación como nos concellos aos que asistimos, e que garantan o a  asistencia precisa nos procesos de implantación