Deputación de Lugo

A Praza de San Marcos, pintada coas cores do arco da vella no Orgullo Lgbt Lugay 2014 

- O organismo provincial colaborou, xunto ó Concello de Lugo, co colectivo ALAS  na organización do día do Orgullo Lgbt Lugay 2014   - A Xunta de Goberno aprobou unha declaración institucional en defensa dos dereitos de lesbianas; gais; transexuais, bisexuais e intersexuais, instando a todos os poderes públicos a garantir mecanismos de colaboracion co colectivo - Na xornada reivindicativa destacan as actuacións musicais de Leblond, Lara Sajén ou Drag La Canalla

A Praza de San Marcos foi este domingo  esceario das actividades programadas con motivo da celebración do Orgullo Lgtb Lugay 2014  , organizado polo colectivo de lesbianas; gays; bisexuais e transexuais ALAS, en colaboración coa Deputación e o Concello de Lugo. O evento, que comezou ás 18:00 horas na praza do organismo provincial, estendeuse ata máis das 21:00 horas. 

Dende a Deputación colabórase nesta actividade porque un dos piares básicos desta institución pública é o de garantir que non se produzan ningún tipo de discriminación, xa sexa por sexo; por cor de pel ou pola orientación sexual das persoas. A xornada o que pretende é educar na sexualidade, para normalizar e favorecer o respecto ás diferentes orientacións sexuais. Esta actividade aposta tamén por concienciar á cidadanía na diversidade e no respecto ás outras persoas. A institución aprovou en Xunta de Goberno unha declaración institucional en defesa dos dereitos do colectivo LGTBI. Tamén, este mesmo ano, o Parlamento de Galicia aprobou a lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e non discriminación deste colectivo, polo que, a declaración institucional aprobada esta semana insta a Xunta a “acometer urxentemente a plena aplicación e desenvolvemento desta lei” a traves de mecanismos que garantan a implicación dos poderes públicos.

Unha programación chea de cores
As actividades do Orgullo Lgtb Lugay 2014 comezaron ás 18:00 horas coa lectura dun manifesto reivindicativo, seguido de diversas actuacións musicais. Os artistas que participaron na celebración foron Leblond, recoñecido grupo de sinthpop de éxito dentro do colectivo gay nacional; Lara Sajén, integrante de Fangoria que presentou o seu traballo en solitario e Las Supremas, dúo lucense de proxección nacional que foron as encargadas de presentar o acto. No evento presentaron dous dos seus novos  traballos, “Daño” e “Diferentes”.

Outra das artistas que participou no Orgullo Lgtb Lugay 2014 foi a dragqueen cómica Drag La Canalla, que interpretou varios números moi coloristas, e por último o polifacético Diablillo Lj, o perfomer máis recoñecido da noite lucense. Os actos remataron, aproximadamente, ás 21:00 horas.