Deputación de Lugo

Deputación e Concello amplían ata o 15 de setembro os prezos populares nas piscinas dos Robles, que xa desfrutaron 6.000 persoas

- Fano polo éxito desta medida, da que se beneficiaron durante xullo e agosto unha media diaria de 100 persoas- Os prezos mantéñense en 1 euro para menores de 6 anos e en 2,20 para adultos- Ambas as dúas administracións custean con preto de 43.000 euros esta rebaixa, xunto cos servizos socorrismo, limpeza e seguridade

6.000 persoas beneficiáronse durante os meses de xullo e agosto dos prezos populares que Deputación e Concello de Lugo ofreceron nas piscinas dos Robles.

O feito de que ambas as dúas administracións lucenses rebaixasen á metade o custe da entrada, con respecto ás pasadas anualidades, contribuíu a que se achegasen ó complexo unha media diaria de 100 persoas.

Tendo en conta este éxito, Deputación e Concello fan posible que os cidadáns continúen desfrutando destes descontos ata o 15 de setembro.  O prezo da entrada seguirá sendo de 1 euro para menores de 6 anos e de 2,20 euros para adultos. O complexo continuará aberto en horario de 12:00 a 21:00 horas. A área de lecer continuará contando cos servizos de 3 socorristas, seguridade e limpeza.

Deputación e Concello de Lugo custean todas estas medidas con case 43.000 euros.