Deputación de Lugo

A área recreativa dos Robles acolle unha fin de semana chea de actividades de lecer ecolóxico co Lugoteando da Deputación

- Os participantes teñen hoxe a oportunidade de practicar paddle-surf, camiñar sobre a auga en bolas acuáticas ou experimentar a sensación de equilibrio nun simulador de surf - A 5ª edición do programa co que o organismo lugués aposta polo ocio medioambiental como oportunidade económica rematará mañá cunha dobre xornada: unha neste mesmo espazo fluvial da capital lucense e outra na Praza do Concello da Fonsagrada - O prazo de solicitude aínda está aberto para as actividades no municpio da Montaña. Os interesados poden facer as reservas en www.deputacionlugo.gal e no 982-260-147

A área recreativa lucense dos Robles acolle hoxe a primeira das dúas sesións de actividades lúdico-deportivas gratuítas que o programa Lugoteando da Deputación ten programadas na capital da provincia esta fin de semana. O organismo lugués, que aposta polo ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia, ofrece 100 prazas para persoas de tódalas idades neste espazo fluvial en cada unha das xornadas. Os participantes, de 15:00 a 20:00 horas, poden practicar as seguintes actividades, totalmente respectuosas co entorno:

  • acuáticas: paddle-surf, que tonifica todos os músculos, xa que para desprazarse pola auga, o navegante, erguido nunha táboa de surf, debe remar; e bolas acuáticas, pelotas de plástico transparentes coas que camiñar sobre a auga.
  • terrestres: simulador de surf, que permite experimentar dun xeito dinámico a sensación de surf e que serve para aprender os primeiros pasos do equilibrio nunha táboa grazas a unha corrente de auga; inchables ou longskate, variante do skate, pero máis longo do habitual que se emprega normalmente para descender costas, derrapar ou simplemente como medio de transporte.

Última oportunide para “lugotear”
A Deputación pechará mañá domingo a quinta edición do Lugoteando cunha dobre xornada: unha nesta mesma área recrativa dos Robles na capital lucense e outra na Praza do Concello da Fonsagrada. En total, 200 personas de todas as idades, poderán gozar dun amplo abano de actividades de 15:00 a 20:00 horas. As prazas para participar no Lugoteando no río Miño están esgotadas dende hai días, pero quedan algunhas dispoñibles na Fonsagrada, a custe cero. Os interesados poden facer as reservas en www.deputacionlugo.gal ou chamando ó número de teléfono 982-260-147.