A Deputación pecha ó tráfico un treito da estrada LU-P-5501 en Riotorto para acometer actuacións de mellora
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
A Deputación manterá pechada ó tráfico un treito da vía provincial LU-P-5501, de As Rodrigas a Marcos de Álvare, no Concello de Riotorto, para levar a cabo labores de acondicionamento desta vía provincial.
A partires de hoxe esta estrada permanecerá cortada, entre os puntos quilométricos 1,860 e 3,740, para proceder ás obras de mellora desta estrada. Os traballos avanzan a bo ritmo e, previsiblemente, estes rematarán no prazo aproximado dun mes.
A institución provincial ten habilitada unha ruta alternativa, debidamente sinalizada, polo antigo trazado desta mesma vía.