Deputación de Lugo

O 5º Street Market, organizado pola Asociación de Autónomas coa colaboración de Deputación e Concello, celébrase este venres en Lugo

- O “Comercio na rúa” contará nesta edición coa participación de 72 establecementos que ofrecerán os seus produtos con descontos de ata case o 90%- A colaboración con esta iniciativa ten como obxectivo apoiar o comercio local porque supón un importante pulo á economía e ó emprego na cidade

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto; a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre; a Tesoureira da Asociación de Autónomas de Lugo, Marta López, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, presentaron esta mañá a quinta edición do Street Market, que organizan as Autónomas, en colaboración coa Deputación e o Concello de Lugo para impulsar a actividade comercial na cidade.
A feira, que se celebrará o venres, día 5 de setembro, contará coa participación de 72 establecementos comerciais de todos os sectores que sacarán ás súas mercadorías á rúa.

Pilar Porto anunciou que o Street Market difundirase en diversos medios audiovisuais e nas redes socias grazas a unha nova colaboración da Deputación cos comerciantes y autónomos lucenses a través da Fundación TIC. Afirmou, ademais, que a Deputación sempre ofrece a súa colaboración a calquera iniciativa que contribúa a dinamizar a actividade económica na provincia.

Pola súa banda, Carmen Basadre salientou que o Concello sempre apoia o comercio local de Lugo porque deste xeito “apostamos pola dinamización da economía e do emprego na nosa cidade e tamén destacou que o Goberno local volve apoiar esta iniciativa do coletivo para axudar ó pequeno comercio porque “merece a pena comprar en Lugo, onde o pequeno comercio fixo esforzos importantes para dar satisfacción as necesidades dos lucenses”. Por elo, a Concelleira animou ós veciños e veciñas a achegarse este venres a esta quinta edición do Street Market, un mercadiño na rúa que xa está consolidado e que “ofrecerá verdadeiras gangas neste final do período de rebaixas”.

En representación da Asociación de Autónomas, Marta López anunciou que esta quinta edición do “comercio na rúa” contará coa participación de 72 establecementos comerciais que ofrecerán as súas mercadorías na rúa con horario ininterrumpido de 11:00 a 20:30 horas.
Destacou, ademais que o mercadiño desenvolverase nas rúas e prazas do Casco histórico e salientou que haberá grandes descontos que sempre fan moi atractiva esta feira para os consumidores, polo que agarda que esta nova edición do Street Market teña o mesmo éxito de público, vendas e animación que acadaron os anteriores.

Pola súa parte, o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, eloxiou a iniciativa que desenvolve a Asociación de Autónomas e agradeceu o fundamental apoio que lle prestan sempre o Concello de Lugo e a Deputación provincial.

Descontos do 50% a máis do 80%
O Street Market ou mercado na rúa ofrecerá descontos do 50% ó 80% nun amplo catálogo de produtos desde téxtil, complementos ou calzado ata lencería, xoias ou lentes en ópticas. A cita terá lugar ó longo do día no casco antigo e participarán medio cento de establecementos da cidade, que serán identificados por ter diante dos seus locais unha mesa de cor laranxa.

Esta iniciativa, que chega a súa quinta edición, celébrase nos meses de maio e setembro coincidindo co remate das tempadas de inverno e verán. O obxectivo é atraer ó centro da cidade a lucenses e visitantes para que coñezan de preto o que ofrece o comercio lucense e animar as vendas cara a campaña de rebaixas.