Deputación de Lugo

Últimas prazas dispoñibles para o II Campus de Emprendemento Sostible

Imaxe deputación de lugo
- Un novo seminario gratuíto de “Maduración da idea empresarial”, asesoramento especialmente dirixido a emprendedores que xa teñan unha idea de negocio nos territorios das Reservas da Biosfera lucenses, arrinca hoxe no Centro de Interpretación Terras do Miño - O seguinte e último destes obradoiros celébrase do 22 ó 25 de setembro no mesmo Centro. Inscricións e máis información sobre lugares, datas e horarios en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812

A Deputación de Lugo puxo en marcha hoxe outro dos seminarios gratuítos do II Campus de Emprendemento Sostible, co que emprendedores que desexan poñer en marcha os seus negocios nos territorios das Reservas da Biosfera da provincia reciben asesoramento profesional especializado. O obxectivo desta iniciativa é impulsar novos negocios, especialmente no rural, cos que xerar emprego e combater o despoboamento demográfico.

Así, 10 emprendedores comezaron hoxe unhas xornadas intensivas de formación nas que analizarán pormenorizadamente a viabilidade dos seus proxectos. O seminario consta de dúas fases: unha primeira máis teórica, que se desenvolverá entre hoxe e o vindeiro día 17 no Centro de Interpretación Terras do Miño, en horario de 16:00 a 20:00 horas; e outra máis práctica, a que se celebrará do xoves 18, e que consistirá en visitas a exitosos negocios xa establecidos.

O seminario rematará o xoves 18, co roteiro de visitas que os participantes realizarán por diferentes establecementos da provincia, nos que manterán encontros cos seus responsables para compartir experiencias entre emprededores, todos eles concienzados sobre o respecto ó medio ambiente.

Todos os lucenses que teñan unha idea de negocio, pero que necesiten axuda e asesoramento por parte de profesionais, teñen unha última oportunidade de participar nun seminario deste II Campus de Emprendemento Sostible, que se celebrará entre os días 22 e 25 de setembro o Centro de Interpretación Terras do Miño. O horario da formación será, neste caso, de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden obter máis información e inscribirse cubrindo o formulario de solicitude que atoparán en www.deputacionlugo.gal ou chamando ó teléfono 982 227 812.