Deputación de Lugo

O dispositivo invernal da Deputación continúa a limpar de neve as estradas provinciais

Imaxe deputación de lugo
- O operativo, composto por máis de 40 máquinas e 60 operarios, e ampliado durante esta fin de semana, acondicionou practicamente a totalidade das vías da provincia - Os problemas máis notables rexistráronse na zona da montaña e nos puntos máis altos da provincia. Recoméndase circular con moita precaución e, a ser  posible, buscar rutas alternativas - Na xornada de onte, vertéronse máis de 50 toneladas de sal para eliminar a neve das 35 estradas da provincia con maior cantidade de neve

O dispositivo invernal da Deputación de Lugo continúa a limpar de neve e xeo as estradas de titularidade provincial, nas que se rexistraron cotas de ata 20 centímetros de espesor. Aínda que a situación das vías ten mellorado en relación coa xornada de onte, o operativo continuará activo durante todo o día. Os problemas máis notables rexistráronse na zona da Montaña da provincia, sobre todo nos Concellos de Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro,Cervantes, A Fonsagrada, Taboada, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, así como nas Nogais, Triacastela, Guntín e Samos.

As estradas provincias nas que o Dispositivo de Inverno está a traballar no día de hoxe son as seguintes:
- No Courel: LU-P 0401, de Corveira, por Corneas ao Restelo.
- En Baleira; a LU-P 1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín, a LU-P 4505, de Poio por Louzarela a Teixeira, a Lu-P 5004 de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín.
- En Cervantes: LU-P 140, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; a LU-P 1404 de San Román a Quindós; LU-P 1405 de Campa da Braña a Tres Obispos; a LU-P 1411, de Vilanova al Portelo e a LU-P 1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos.
- Na Fonsagrada: LU-P 1906, de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos e a LU-P 3601, de Acebo a Negueira de Muñiz.
- No Incio: LU-P 2505 de Foilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón, a a LU-P 1306 de Megoxe a Herrería do Incio.
- En Navia de Suarna: LU-P 3501 de Paradela al Alto do Restelo; a Lu-P 3502 de Muñis a Rao, e a LU-P 3508 de Rao por Murias a Balouta.
- En Negueria de Muñiz:  LU-P 3601 de Acebo a Negueira de Muñiz e a LU-P 3602 do Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias.
- Nas Nogais:  LU-P 3701 de As Nogais, por Pintinidoira á 4504, a LU-P 4503, de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan.
- En Pedrafita:  LU-P 4504 de Pedrafita ao Portelo; a LU-P 4503 de San Pedro por Busnullán a Nullán; e a LU-P 4505 de Louzarela por Queixadoiro a Filloval.
- Na Pobra do Brollón:  LU-P 4701, de Pobra do Brollón, por Parada dos Montes, a Folgoso do Courel e a LU-P 4707, de Pobra do Brollón, por Saa a Casela.
-Quiroga: LU-P 5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú, a LU-P 5004 de Cruz de Outeiro, por Seara e Ferramulín ata o límite provincial. En Ribas de Sil, de San Clodio al alto De la Cruz da Moa.
- Samos: LU-P 5603 , de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo; a LU-P 5601 de Samos a Courel e Rampa Sta. Mariña; a LU-P 1306, de Megoxe a Herrería do Incio, e a LU-P 5605, de Parada, por Santalla a Ponte Louzara.
- Taboada: LU-P 6001 de Taboada por Ada, á LU-213.
- Triacastela: LU-P 3702, de As Nogais, por Nullán a Lamas, e aa LU-P 6201 de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei.

Polo momento non se rexistran incidencias de gravidade pero, recoméndese reducir os desprazamentos ao imprescindible e, de ser posible, empregar percorridos alternativos. O operativo continuará activo durante todo o día xa que, segundo as previsión oficiais, continuará nevando.