Deputación de Lugo

Arranca o III Campus de Emprendemento Sostible da Deputación

Imaxe deputación de lugo
- Con esta iniciativa o organismo provincial impulsa a creación de empresas medioambientalmente sostibles, aproveitando ao máximo os recursos naturais e patrimoniais da provincia de Lugo - Grazas ao Campus, co que os participantes reciben asesoramento gratuíto co que coñecen a viabilidade dos seus modelos de negocio, creáronse máis de 10 empresas novas - O prazo de inscrición para participar nas accións formativas gratuítas xa está aberto no telefono 982-227-812 ou na páxina web www.deputacionlugo.gal

Arranca o III Campus de Emprendemento Sostible co que a Deputación de Lugo crea emprego e combate o despoboamento do rural. A través desta iniciativa o organismo provincial impulsa a creación de empresas responsables co medio ambiente, aproveitando ao máximo os recursos e a riqueza natural da provincia de Lugo.

O Campus consiste en 6 accións formativas gratuítas encamiñadas a coñecer a viabilidade dos modelos de negocio dos lucenses. Estas accións distribúense en dous grupos; por unha banda, o campus de motivación e e xeración de ideas, na que os participantes reciben asesoramento técnico, administrativo... e por outro; o campus de maduración empresarial, dirixido a persoas que xa teñen o seu modelo de negocio máis avanzado.

Coas anteriores edicións, xa se crearon máis de 10 empresas na provincia, todas elas relacionadas coa agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica, consultora de obra civil, horticultura ecolóxica, educación ambiental, explotación ecolóxica, turismo rural e produción artesanal, entre outras. Co Campus de Emprendemento Sostible, que serviu tamén de lugar de reunión de emprendedores lucenses, ofreceuse formación gratuíta a máis de 120 veciñas e veciños.

Datas e lugar de celebración
Campus de motivación e xeración de ideas:

  1. 1 ao 4 de xuño no Centro de Interpretación Terras do Miño, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.
  2. 8 ao 11 de xuño no Centro de Interpretación Ancares – Cervantes, nun horario de 16:00 a 20:00 horas.
  3. 15 ao 18 de xuño no Centro de Interpretación Terras do Miño nun horario de 16:00 a 20:00 horas.

Campus de maduración da idea empresarial

  1. 29 de setembro ao 1 de outubro no Centro de Interpretación Terras do Miño nun horario de 10:00 a 14:00 horas.
  2. 19 ao 22 de outubro no Centro de Interpretación Ancares – Cervantes nun horario de 16:00 a 20:00 horas.
  3. 26 ao 29 de outubro no Centro de Interpretación Terras do Miño nun horario de 16:00 a 20:00 h

Como participar
O prazo de inscrición para participar no III Campus de Emprendemento Sostible da Deputación está aberto no teléfono 982-227-812 ou na páxina web www.deputacionlugo.gal