Deputación de Lugo

Lara Méndez lamenta que “Rueda só veña á provincia a insultar á Deputación e non a cumprir cos lucenses”

Imaxe deputación de lugo
- A Vicepresidenta destacou que “Rueda veu a Lugo a facer turismo e non a responder á longa listaxe de débedas da Xunta cos lucenses, aos que trata de cidadáns de segunda”- “Veu de paseo e non a traer servizos para o Hospital Xeral, Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para o Hula, ou as prestacións que prometeu Feijóo na campaña electoral do 2009 para o antigo Hospital San Rafael en Castro de Rei”- “Veu a insultar e non a cumprir coa ampliación do Hospital da Costa, co Museo da Romanización, co Plan Paradai, coa Rolda Leste ou cos corredores da Costa e de Monforte”- “Veu de excursión e non a comprometerse coas autovías de Santiago e Ourense, coa mellora da sinalización da A-8, coa Alta Velocidade ou coa estación intermodal”

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, lamentou este luns que “Alfonso Rueda só veña á nosa provincia a insultar á Deputación e non a cumprir cos lucenses, cando a Xunta do Partido Popular ten unha longa listaxe de asuntos pendentes e de débedas cos nosos veciños, aos que trata de cidadáns de segunda”.

“Rueda veu a Lugo a facer turismo e non a traer servizos para o Hospital Xeral, Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para o Hula, ou as prestacións que prometeu Feijóo na campaña electoral do 2009 para o antigo Hospital San Rafael en Castro de Rei. Rueda veu a insultar e non a cumprir coa ampliación do Hospital da Costa, co Museo da Romanización, co Plan Paradai, coa Rolda Leste ou cos corredores da Costa e de Monforte. Veu de paseo á provincia e non a comprometerse coas autovías de Santiago e Ourense, coa mellora da sinalización da A-8, coa Alta Velocidade ou coa estación intermodal, que o PP, o partido ao que representa, nega aos lucenses dende o Goberno Central co consentimento da Xunta de Galicia”.

“Os representantes do Partido Popular debería ter a decencia de deixar de vir a Lugo só de excursión e a insultar á Deputación para vir a cumprir coas demandas dos lucenses, cos servizos e prestacións que levan tempo reclamando. Serán vén recibidos na Deputación, desde onde lles enviamos ata 10 cartas para abordar conxuntamente estes asuntos, os que verdadeiramente interesan aos nosos veciños, tal e como nolo manifestaron na elaboración do Orzamento Participativo 2015”.