Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO ENCARGA UN ESTUDO PARA INTENTAR SOLVENTAR A PERIGOSIDADE NA ESTRADA DO RATO

Imaxe deputación de lugo
Serán os técnicos do departamento de xestión territorial os que analicen a situación e busquen alternativas para rematar con esta problemática

O deputado delegado de xestión territorial, Jesús Carreira, anunciou esta mañá que a Deputación de Lugo ten encargado un estudo para intentar solventar a perigosidade na vía do paseo do río rato.
Consciente do mal estado que presenta o firme, o titular deste departamento solicitou aos técnicos este traballo para que barallen distintas alternativas e poñer fin a unha situación que está provocando accidentes e danos nos vehículos que pasan por esta calzada.
Carreira manifestou que a Deputación de Lugo quere buscar unha solución inmediata para rematar co mal estado do pavimento así coma estudar outras alternativas para rematar con esas bandas que se atopan no medio das curvas e están provocando danos considerables nos coches.