Deputación de Lugo

COMUNICADO

Imaxe deputación de lugo

Ante as informacións difundidas no día de hoxe polo Grupo Provincial Socialista, en relación coa actividade da presidenta da Deputación de Lugo, María Elena Candia, entendemos necesario facer as seguintes precisións:
1. A documentación oficial desminte as acusacións efectuadas por responsables do PSOE e demostra que a presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, non incorreu en ningún tipo de irregularidade ou fraude de lei, nin na súa etapa como deputada, nin agora que ostenta responsabilidades de goberno.
2. Elena Candia actuou en todo momento con total transparencia e fixo pública toda a súa actividade económica a través das canles establecidas, cumprindo de xeito escrupuloso con todos os requisitos, obrigas e trámites establecidos na lexislación vixente.
3. Con esta actitude o único que fan desde o PSOE é poñer en dúbida as actuacións de propio expresidente Besteiro á fronte da Deputación de Lugo, así como o recto proceder dos servizos técnicos da institución provincial, encargados de confirmar a compatibilidade. (adxúntase informe da Secretaria Xeral e Decreto de Presidencia asinado por Besteiro)
4. Tamén cómpre aclarar que, no que respecta a súa etapa como presidenta, Candia tamén remitiu á Secretaría Xeral toda a documentación relativa as súas actividades, atendendo á normativa vixente sobre altos cargos. A presidenta procedeu á transformación da súa actividade como axente de seguros a unha sociedade, da que ostenta o 10% e da que non é administradora, tal e como permite a lei.
5. En aras da total transparencia, desde a Presidencia da Deputación provincial de Lugo poñen á disposición dos medios de comunicación canta documentación proba o correcto proceder de Elena Candia e a total compatibilidade do exercicio da súa función pública e profesional, durante a etapa que foi a portavoz da oposición.


Cadro documental complementario
• Decreto de Presidencia de 7 de xullo de 2011, a través do que José Ramón Gómez Besteiro resolve as funcións a desempeñar por Elena Candia así como o seu réxime de retribución anual (remítese Decreto de Presidencia).
• A aprobación dun Decreto de Presidencia e a súa sinatura polo máximo responsable institucional supedítase sempre baixo a existencia de informes favorables.
• Remítese informe da Secretaría Xeral, no que avalaron a compatibilidade de funcións, o foi informado favorablemente.