Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO FORMALIZA O FINANCIAMENTO ÍNTEGRO DO SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

A presidentada Deputación, Elena Candia, asinou hoxe os convenios cos que a entidadeprovincial financia ao 100% o servizo de teleasistencia domiciliaria en 66concellos da provincia con 335.880 euros. Esta medida beneficiará aos propios concellos, que ata agora asumían o 50% docuste da teleasistenciaA deputada de Benestar destacou a necesidade de dar contido e ofrecer maiorcobertura do servizo, tendo en conta que a Deputación de Lugo non dá altas enteleasistencia dende 2007O financiamento íntegro da teleasistencia e outras iniciativas postas en marcha polo Goberno popular, como o incremento das axudas para o SAF, benefician xa a 3.000 lucenses

Lugo, 15 de setembro de2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia,asinou hoxe os convenios cos que a administración provincial pasa a financiar o100% dos custes reais do servizo de teleasistencia domiciliaria en 66 concellosda provincia, cunha achega total de 335.880 euros.

Formalizando o seu compromiso de asumir con fondospropios este servizo, o Goberno provincial reforza os investimentos tanto enbenestar social como en asistencia aos lucenses, “buques insignia deste novoGoberno provincial”, destacou Candia durante o acto de sinatura que tivo lugarhoxe na sala de exposicións da Deputación.

O servizo de teleasistencia, que incrementa a proteccióndas persoas maiores as 24 horas dos 365 días do ano grazas a instalación dedispositivos de conectividade e seguridade, está a beneficiar na provincia deLugo a unhas 1.000 persoas maiores, ao permitirlles comunicar con rapidezcalquera situación de risco ou emerxencia.

Durante o acto, no que participou a deputada de Benestar,Mari Teijeiro, así como a maior parte dos rexedores dos concellos da provincia,Elena Candia destacou que “esta é unha clara aposta que facemos porque o nosodesexo é que os nosos maiores poidan vivir con todas as garantías, o maiortempo posible e nas mellores condicións nos seus propios fogares.

Colaboración cosconcellos

Esta medida posta en marcha polo Goberno popular taménbeneficia aos propios concellos, xa que lles supón un importante aforro tendoen conta que ata o de agora estaban a financiar o 50% dos custes que agora asumea entidade provincial.  Este feito proba,tal e como lembrou Candia, que “o Goberno que eu presido está plenamenteimplicado na colaboración e cooperación cos municipios”, algo que ata o deagora non se materializaba de xeito íntegro, posto que os municipios, estabanobrigados a financiar a metade do custe da teleasistencia.

Ofrecer maior cobertura

Pola súa banda, a deputada de Benestar, Mari Teijeiro,destacou que nestes intres é “a nosa prioridade darlle contido a este servizo eproceder a dar unha maior cobertura do mesmo”.

De feito, a de Lugo convertíuse na única das deputaciónsgalegas en non dar novas altas en teleasistencia, en concreto dende o ano 2007,situación que o actual Goberno provincial vai cambiar. Para iso, subliñouTeijeiro, “é precisa unha labor de coordinación coa Xunta que nestes momentos áa administración que está a facer esa cobertura”.

Do mesmo xeito, a deputada de Benestar fixo fincapé nanecesidade de revisar e adaptar a ordenanza que regula a prestación do servizode teleasistencia, que data de decembro de 2006, para o cal “é fundamental teren conta aos técnicos dos concellos”, para ter unha visión das necesidadesreais dos usuarios e determinar cal sería a fórmula máis “axeitada eoperativa”.

3.000 lucensesbeneficiados nos primeiros meses

Estes 1.000 maiores lucenses que están a beneficiarse dunservizo básico no apoio domiciliario, pasan a sumarse aos beneficiarios doutradas medidas que o actual Goberno da Deputación vén de poñer en marcha: oaumento nos fondos destinados ao Servizo de Asistencia no Fogar. Deste xeito, xason uns 3.000 veciños de todos os concellos da provincia os que “poden ter unhamellora na calidade de vida grazas a unha xestión máis eficaz e eficiente dosfondos públicos da Deputación de Lugo, dos cartos que a eles e a todos oslucenses lles pertencen”, lembrou Candia, quen celebrou a boa acollida que estamedida está a ter os usuarios e as súas familias.