Deputación de Lugo

UN TRAMO DA ESTRADA QUE UNE VILALBA CON XERMADE PERMANECERÁ CORTADO AO TRÁFICO DENDE O VINDEIRO LUNS POR OBRAS

Imaxe deputación de lugo
• Trátase de Camposo de Foxo de Penamaior, onde se levarán a cabo traballos de rehabilitación do firme • A estimación de duración dos traballos é duns sete días hábiles

O deputado delegado de xestión territorial, Jesús Carreira, informou esta mañá que a partires do vindeiro luns, día 17 de agosto, permanecerá pechada o tráfico a estrada LU- P- 6513, que une os Concellos de Vilalba con Xermade.
O popular explicou que o motivo do corte, que se producirá en Camposo de Foxo de Penamaior, entre os puntos kilométricos 2;590 e 10;200, débese a que se iniciarán traballos de pavimentación con aglomerado no firme.
Carreira manifestou que debido á maquinaria empregada para levar a cabo esa rehabilitación é necesario cortar a estrada á circulación polo que se recurrirá a cortes de tráfico sinalizados.
A estimación de duración dos traballos é duns sete días hábiles. Deste xeito o fin de semana do 22 e 23 estará novamente aberto ao tráfico e pecharase o luns 30 ata que finalicen as labores.