Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN INFORMA DO CORTE DA ESTRADA PROVINCIAL DA MAROSA PARA GARANTIR A SEGURIDADE DOS ASISTENTES AO FESTIVAL OSA DO MAR

Imaxe deputación de lugo
A autorización da administración ten validez dende ás 14:00 horas do 4 de setembro ata o día 6 de setembro ás 8:00 horasA administración obriga a que o corte se sinalice cos elementos oportunos e se informe do desvío provisional coa colocación de carteis a ambas marxes da estrada

Lugo, 03 de setembro de 2015.- A Deputación Provincial de Lugo informade que autorizou o corte da estrada provincial LU-P-1510 na zona da praia daMarosa, co obxecto de garantir a seguridade dos asistentes ao Festival Osa doMar.

Dende o Servizo de Vías e Obrasda Deputación Provincial explican que a autorización para o corte da vía tenvalidez dende ás 14:00 horas do venres 4 de setembro, ata o día 6 de setembroás 8:00 horas; atendendo deste xeito a unha solicitude do Concello de Burela.

A administración provincial obrigaa que o corte se produza indicándoo cos elementos oportunos, cunha sinal na quese informa da redución da velocidade aos 40 km/h, e coa colocación de carteis aambas marxes da estrada informando do desvío provisional.

Ademais, unha vez finalizado ocorte deberase deixar a vía nas condicións previas, limpa e sen obstáculos ninimpedimentos para a circulación.