Deputación de Lugo

MARI TEIJEIRO REUNÍUSE COA PRESIDENTA E CO XERENTE DO COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA

A deputada mostrouse aberta a estudar e poder levar a cabo algunha das propostas que lle foron trasladadas polos responsables do Colexio

Lugo, 22 de setembro de 2015.- A responsablede Benestar da Deputación de Lugo, Mari Teijeiro, reuniuse esta mañá coapresidenta do Colexio de Traballo Social, Marta Capeáns, así coma co xerenteVíctor González, os que lle trasladaron diferentes propostas en materia social“unha das prioridades do noso Goberno”.

Teijeiro explica que durante areunión a presidenta do Colexio de Traballo Social “mostrounos a súasatisfacción e entusiasmo porque a Deputación de Lugo retome a posibilidade dedar novas altas no Servizo de Teleasistenciaparalizado dende o ano 2007” e, neste eido, agradece a Capeáns que lles ofrecesea colaboración do Colexio neste proceso.

Ademais, a deputada de Benestarmostrouse aberta a estudar e poder levar a cabo algunha das propostas que lleforon trasladadas polos responsables do Colexio de Traballo Social. Teijeiroindica que algunha destas ideas son a reedición da Xornada Muller e MercadoLaboral, a participación en Proxectos Europeos e a necesidade de dar formacióna profesionais no eido dos servizos sociais.

Polo tanto, Mari Teijeirocomprometeuse a estudar todas as propostas e agradeceu este encontro, que servecomo un primeiro paso para desenvolver unha labor coordinada e acorde coafilosofía do Traballo Social.