Deputación de Lugo

Santos e Ferreiro presentan o acordo de PSOE e BNG para o Goberno Provincial da Deputación

O acordo degoberno está ao acceso público dos cidadáns en www.deputacionlugo.gal, “nun exercicio de absoluta e total transparencia, sen precedentes”

Os voceiros do Executivo Provincial, Álvaro SantosRamos e Xosé Ferreiro Fernández, presentaron este mércores o acordo de PSOE eBNG para o goberno da Deputación de Lugo no terceiro mandato de progreso (2015-2019).Está ao acceso público de todos os cidadáns en www.deputacionlugo.gal, “nun exercicio de absoluta e total transparencia, sen precedentes”, salientaronSantos Ramos e Ferreiro Fernández.

O voceiro provincial socialista explicou que “é o acordoque os Grupos Provinciais de PSOE e BNG asinamos o 25 de setembro, o mesmo díaque, en base a este texto, asinamos e presentamos nesta institución a moción decensura coa que recuperamos a normalidade democrática na Deputación ao plasmarno Goberno Provincial a vontade dos lucenses o 24M. Ese día os lucenses falaronalto e claro. Dixeron que non querían no goberno da provincia ao PartidoPopular, que sufriu todo un varapalo electoral ao perder o apoio doutros 26.000lucenses máis e 10 Alcaldías. Libre e democráticamente, os lucenses dixeron quequerían para a provincia o goberno de esquerdas dos últimos 8 anos de PSOE eBNG, que conseguimos o apoio de 13.000 lucenses máis que o PP”.

“Nada que agochar”

Santos Ramos aclarou que “ante as falsas acusaciónsde malos perdedores, que se enchen de falar de oscurantismo, e logo depresentar xa as liñas do noso acordo de goberno de xeito oficial na Deputación deLugo o pasado 25 de setembro, pois as principais liñas recóllense na moción decensura, e de ata de léelas públicamente no no Pleno Extraordinario do 8 deoutubro; hoxe damos un paso máis para demostrar que este Goberno Provincial nonten nada que agochar. Trátase dun exercicio de total e absoluta transparencia eprecedentes posto que, por exemplo, noutras Deputacións galegas presentáronse asliñas xerais dos acordos de goberno, pero nunca deste xeito. Este GobernoProvincial tamén o publica na web da Deputación ao acceso de todos oscidadáns”, apuntou.