Deputación de Lugo

AS SAN LUCAS CELEBRARANSE DO 16 AO 20 DE OUTUBRO CUN PROGRAMA ATRACTIVO QUE MESTURA TRADICIÓN E MODERNIDADE

O Pazo Provincial acolleu esta mañá a presentación das Feiras das SanLucas, as máis antigas de Galicia e unha das celebracións con máis historia deEuropa, na que participou a presidenta da Deputación e o presidente daasociación organizadora das festasCandia resaltou a importancia destas festas que se celebran ininterrompidamente dende 1156 e amosou o seu orgullo por unha celebración “referente na comunidade e que debe ter presenza en todas as administracións”Souto asegurou que colaborar coas San Lucas é apostar pola dinamización cultural, económica e social de Mondoñedo e da provincia

Lugo, 03 de outubro de 2015.- A presidenta da Deputación, ElenaCandia, xunto ao presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto,presentaron esta mañá no Pazo Provincial de San Marcos as Feiras e Festas dasSan Lucas 2015, as máis antigas de Galicia, e que se celebrarán en Mondoñedoentre os días 16 e 20 de outubro.

A presidenta da institución,colaboradora das festas, resaltou a importancia destas feiras que se celebranininterrompidamente dende 1156 e que, polo tanto, deben ter presenza en todasas institucións galegas. “É importante presentalas na capital da provincia, aoigual que faremos noutras localidades, porque nos sentimos orgullos dun evento referentena comunidade”, explicou a tamén alcaldesa de Mondoñedo, que destacou “oatractivo da programación para estes días que teñen a esencia do cabalo, xuntocon outros elementos que atraen á localidade a numerosos visitantes”.

Souto agradeceu o recibimento daDeputación e, en especial, de Elena Candia, ao que tempo que resaltou que “colaborar coas San Lucas éapostar pola dinamización cultural, económica e social de Mondoñedo e da provincia”.O presidente fixo unha breve introdución da importancia das Feiras e Festas dasSan Lucas, que naceron no ano 1156, tras que o Rei Alfonso VII lle “outorgara aMondoñedo o título de cidade e lle dispensara a graza de poder facer unha feiraanual de oito días. E dende aquela a tradición segue pervivindo no século XXI”.

Souto engadiu que “As San Lucas celébranse porquetódolos visitantes e feirantes, que xunto cos mindonienses, seguen sendo fieisás súas tradicións, e así o transmiten de xeración en xeración. Por iso, o que pretendemos dendea comisión de Feiras e Festas que presido, é que Mondoñedo o 18 de outubrovolva a ser a capital que foi no Antigo Reino de Galicia, e queremos que asgalegas e galegos se sintan orgullosos de ter unha das feiras mais antigas deEuropa,  que as desfruten e as sintansúas”.

O programa de festas deste ano,do 16 ao 20 de outubro

O programa das festas deste ano comezará o día 16 e finalizará o 20 deoutubro. O venres 16 é o día do pregón, que virá da man de Jenaro Castro Muíña,licenciado en xornalismo, director dos informativos non diarios de Televisión Españolae director e presentador do programa Informe Semanal. O mesmo dia 16 deoutubro, realizarase una representación teatral na Praza da Catedral, con guióne dirección de Manuel Lourenzo, baixo o titular ‘As donas do ar’, despois dacal se ofrecerá a ofrenda ante a tumba do Mariscal Pardo de Cela na Catedral deMondoñedo. A música o venres 16 deoutubro virá da man das orquestras Sintonía de Vigo e Orquestra da Televisión,na Alameda.

O sábado dia 17, coñecido como día das vésperas, comezará con actividades ecuestres,xa que o cabalo e o protagonista das San Lucas. Celebrarase a final da CopaGalicia do concurso morfolóxico de Pura Raza Cabalo Galego, Gran premioDeputación de Lugo, no Campo da Feira. Xa pola tarde, ás 16:00 horas, terálugar unha nova edición do Encontro de Música e Baile tradicionais co desfiledas bandas polas rúas de Mondoñedo chegando á Praza da Catedral onde actuarántodos os grupos.

O mesmo día 17, sobre as 18:30 horas, será a chegada tradicional doscabalos polas rúas ata o Campo da Feira. Souto explica que “seguindo a tradición, osgandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo ó ano en liberdade pacendo nosmontes da comarca, e nunha gran manadatráenos para a feira, como dicía Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete,detrás os poldros fillos do vento coas greas o ar”, que patean as pedras dasrúas, algunha seguro que é a mesma que pisaron os primeiros cabalos que pasaronen 1.156. Esta imaxe é un espectáculo etnográfico de relevancia e cada anoatrae a máis turistas e amosa unha das mellores estampas das San Lucas”.

As 19:30 horas, na casa da xuventude O Clube Teatral Elsinor presenta aobra ‘A xente pálida pel flores de Álvaro Cunqueiro’, baixo a dirección deManuel Lourenzo. O día 17, pechará ás 21:15 horas co monólogo de Xabier Veigano Auditorio Pascual Veiga e ás 22:30 horas coa actuación na Alameda dasorquestras Miramar e Claxxon.

O domingo día 18, o día grandedas San Lucas

O domingo día 18, o día grande das San Lucas, “os cabalos son os auténticosprotagonistas coa gran feira tradicional de gando cabalar. Hai un programaintenso de actividades no eido cabalar, concursos, exhibición de doma”, explicao presidente da asociación organizadora, quen engade que “o día grande é o díapor excelencia, dos tratos, dos regateos, de sanluquear, dos cabalos, da maquinaria, das gaitas, dopolbo, de subir ás atraccións, e faise todo cunha especial ledicia, porque asSan Lucas son feira e son festa, son lugar de encontro. As San Lucas seguenmantendo a súa esencia, nelas mesturase tradición e modernidade, musicastradicionais e actuais, teatro, monólogos, e seguen sendo útiles a todos, afeirantes e visitantes e cumprindo as expectativas e necesidades de ambos, comona súa orixe en 1.156”.

O día grande das festas será a actuación no auditorio do grupo de Rock LosSecretos, con venda anticipada das entradas, que se poden adquirir a través doseguinte enlace

http://entradas.abanca.com. As21:00 horas haberá outro concerto da man de SES na Praza da Catedral, conentrada de balde. As orquestras do día grande son Fania e Jerusalén.

O luns día 19, día do medio, haberá pola mañá pasarrúas de grupos de gaitase títeres e, polo tarde, o concurso de andadura, nas modalidades de serrada echapeada no recinto da Granxa. Nesta xornada tamén haberá teatro as 19:00h, ‘As Luces do Caselo’ de Katarsisteatro, no auditorio . Á noite, na Alameda, “temos algo moi especial, ofestival ‘Voces da Paula’, unha gala musical feita por mindonienses na queintervirán cantantes amateurs e profesionais”, di Souto. As orquestras queactuarán na alameda son Palladium e Nova Generación.

O último día das festas é o martes dia 20 , dia das Maulas, día no queactuará unha das mellores orquestras de Galicia, a Paris de Noia. Por último,Miguel Souto tamén quixo agradecer ao artista mindoniense Xose Vizoso, o deseñodo cartel das Feiras das San Lucas “cuxa linguaxe artística hoxe en díadistingue estas feiras”.