Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DESTINA MÁIS DE 147.500 EUROS A AXUDAS PARA O DEPORTE LUCENSE

Elena Candia e José Manuel Yanes asinaron hoxe 13 convenios de colaboración con outras tantas entidades e deportistas de toda a provinciaAs axudas irán destinadas a financiar gastos de tempada, promoción do deporte base e organización de probas deportivas

Lugo, 2 de outubro de 2015.- A titular da Deputación de Lugo, ElenaCandia, xunto co deputado de Deportes, José Manuel Yanes, asinaron hoxe untotal de 13 convenios grazas aos que a institución provincial colabora codeporte da provincia con 147.500 euros mediante subvencións tanto nominativascoma excepcionais.

Os clubes e asociaciónsdeportivas, así como deportistas individuais cos que hoxe se asinaron osconvenios foron o Club Natación Portamiñá; o Club Atletismo Lucus; ClubDeportivo Calasancio; a Escudería Comarca da Ulloa; o Club Muralla Rugby; o CDO Corgo; a Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa; a AsociaciónDeportiva Tripenta Terras de Lugo; a Federación Galega de Pentatlón moderno yTriatlón; e Club Fluvial de Lugo.

A colaboración da Deputación estádestinada tanto a facer fronte aos gastos da tempada coma a financiaractuacións determinadas, coma no caso da axuda á Liga Santaballesa para oacondicionamento do acceso á grada e a drenaxe do seu campo de fútbol ou as doCD Corgo ou a Federación de Pentatlon e Triatlon, para o fomento destesdeportes entre os máis novos.

Por outra banda, os deportistascos que a Deputación colaborará economicamente son os pilotos Pedro Burgo Vilanova,Adrián Díaz Pérez e José Antonio Alonso Liste en cuxo caso as axudas que estesrecibiron están destinadas a facer fronte aos gastos da tempada.