Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO APROBA UN ACORDO PARA INCREMENTAR A PRESENZA DOS PRODUTOS LÁCTEOS GALEGOS NO MERCADO

Imaxe deputación de lugo
O Goberno provincial logrou o apoio unánime de todas as forzas políticaspara colaborar coa Xunta de Galicia na promoción do leite producido en Galiciae incentivar o seu consumo A proposta dos populares inclúe a elaboración dun plan de apoio ao sector lácteo para a mellora da calidade do leite nas explotacións galegas en colaboración coas cooperativasUlla deu a benvida ao apoio desta iniciativa xa que “debe deixarse de lado a utilización partidista de asuntos que afectan á cidadanía e traballar de xeito coordinado”

Lugo, 29 de setembro de 2015.- ADeputación de Lugo aprobou esta mañá un acordo, a proposta dos populares, parapotenciar a presenza dos produtos lácteos galegos no mercado, co obxecto deaumentar o consumo e a acadar a diferenciación do leite galego de calidade.

O deputado delegado de MedioRural, José Ulla, deu a benvida á unanimidade acadada neste acordo, xa que “eramoi necesario que os socialistas deixasen de empregar aos gandeiros só cunclaro interese partidista e se centrasen en traballar en prol da defensa dosseus intereses”. Esta proposta ten como obxectivo a promoción do leite galegona provincia e, polo tanto, “as emendas presentadas na sesión plenaria nonteñen que ver co acordo que se traslada nesta proposta”, matizou Ulla.

En concreto, a proposta dospopulares que sacará adiante a Deputación de Lugo busca a coordinación entreadministracións para promocionar o consumo do leite de calidade diferenciadaproducida nas explotacións galegas, e que se comercializa baixo a marca ‘Galega100%’. Esta implicación coa produción láctea galega desenvolverase en consensoco conxunto dos colectivos sociais e asociacións de consumidores, e mesmo coshostaleiros para concienciar aos cidadáns no consumo do leite de calidadegalego.

Amais, a Deputación de Lugo taménelaborará un plan de apoio ao sector lácteo para a mellora da calidade do leitenas explotacións gandeiras da provincia en colaboración coas cooperativas e deforma coordinada con outras iniciativas que se acheguen dende a Unión Europea,o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ou a Consellería deMedio Rural e do Mar.

O Goberno da Deputación, compromiso cos gandeiros

Ulla lembrou que o Gobernoprovincial popular actuou en todo momento en apoio ao sector lácteo, mantendoreunións cos representantes “para escoitar as súas demandas e inquedanzas aorespecto, para así poder tomar todas as decisións que estivesen nas nosasmans”. Nesta liña de traballo, “sacamos adiante propostas en beneficio dosgandeiros, como o inicio das xestións para o peche da Unidade de Leite daGranxa Gayoso Castro, xa que non é normal que unha administración pública llefaga competencia desleal aos gandeiros da provincia de Lugo”.