Os xardíns da Deputación de Lugo permanecerán pechados ao público na fin de semana polo temporal
Os xardíns da Deputación permanecerán pechados ao público durante a fin de semana polo temporal co fin de garantir a seguridade dos usuarios, e así extremar con esta medida todas as precaucións. Ante a previsión meteorolóxica da chegada dunha nova fronte, a Deputación súmase ás medidas de precaución tomadas por outras entidades, que pecharon parques e espazos públicos e suspenderon actividades ó aire libre.
Os usuarios poderán desfrutar de novo do parque, previsiblemente, a partir do vindeiro luns, cando se agardar unha melloría do tempo.