Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participou no 37 aniversario da Constitución

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este domingo nos actos organizados na Subdelegación do Goberno con motivo do 37 aniversario da Constitución. Campos Conde remarcou que "debemos sentirnos orgullos e agradecidos pola Constitución, pois supuxo o recoñecemento de dereitos e liberdades. Pero agora toca reformala para adaptala ao séculos XXI. Máis da metade da poboación non participou na súa elaboración. Hoxe a realidade e a sociedade do noso país é moi distinta. Polo tanto, temos que chegar a un gran pacto, como en 1978, co que acadar unha maioría política e cidadá para reformar a Constitución e garantir os dereitos e liberdades que non leva quitado nos útlimos anos".