Deputación de Lugo

As mozas do Burela F.S. asinan no Libro de Ouro da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, e o Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga Outeiro, recibiron este martes no Pazo Provincial ao equipo de fútbol sala da primeira división da R.F.E.F. Burela F.S Pescados Ruben, que foi campión de España da Liga Feminina.No encontro, que tivo lugar no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos, directivos, xogadoras e corpo técnico do Burela FS Pescados Ruben asinaron no Libro de Ouro da Deputación.