Deputación de Lugo

40 técnicos municipais participan no curso Lei do Solo de Galicia 2016 que ofrece a Deputación

O organismo provincial ofrece esta iniciativa para que persoal das entidades locais coñezan os cambios que introduce esta norma e como vai influír no desenvolvemento e na planificación económica dos Concellos da provincia

40 técnicos municipais de varios Concellos da provincia participan na acción formativa o Lei do Solo en Galicia 2016, que ofrece a Deputación, logo do éxito de convocatoria da Xornada de Urbanismo na Provincia de Lugo, na que se afondou na incorporación da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

Visto o éxito que espertou a cita, na que participaron máis de 250 persoas, a Deputación decidiu ofrecer o curso Lei do Solo de Galicia 2016 para que os técnicos municipais coñezan os cambios que introduce esta normativa e saiban como vai a influír no desenvolvemento e na planificación económica dos Concellos da provincia de Lugo.

Lei do Solo de Galicia 2016 celebrase os días 13, 14 e 15 de xuño, nas aulas de formación do Pazo de San Marcos. Está dirixido aos técnicos das entidades locais. Nel participan reputados expertos na materia, como o Profesor da UDC, Juán Raposo Arceo; o Arquitecto Municipal de Teo, Ignacio Soto González, e o Subdirector da APLI; José María Domínguez Blanco.

Concretamente, os técnicos que están a participar no obradoiro son secretarios, interventores, arquitectos, arquitectos municipais e técnicos en urbanismo. Afondarán en aspectos como: principios xerais da norma, competencia e organización administrativa; competencias e órganos urbanísticos no ámbito da comunidade autónoma; réxime urbanístico do solo; PXOM; normas de aplicación directa; execución do plan urbanístico; áreas de repartición; patrimonios públicos de solo; intervención da edificación e uso do solo e disciplina urbanística; ou convenios urbanísticos, entre outros.