Deputación de Lugo

40 alumnos de intercambio do Programa Europeo + visitan o Museo Provincial de Lugo

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, recibiu este venres no Museo Provincial de Lugo aos participantes de intercambio do Programa Europeo + do I.E.S. Nosa Señora dos Ollos Grandes. Os 40 alumnos e 15 profesores deste plan proveñen de diferentes países de Europa (Alemaña, Francia, Bulgaria, Italia, Romanía e Croacia). García Porto aproveitou para mostrarlles as instalacións e varias obras que están expostas neste momento no Museo Provincial de Lugo.