Deputación de Lugo

O Presidente reúnese con criadores de raza cachena da provincia na Granxa Gayoso Castro

O Presidente da Deputación, Darío Campos e o Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez e Miguel Ángel Fernández López, mantiveron hoxe, na Granxa Gayoso Castro, unha xuntanza con 50 gandeiros da provincia criadores da raza cachena para analizar a mellora desta raza.A Deputación quere mellorar e incentivar a crianza da raza cachena, analizando novas medidas cos gandeiros da provincia. Por iso, convocou esta reunión. Para dialogar entre produtores e gandeiros e atopar novas medidas de mellora da raza cachena. Na actualidade a Granxa Gayoso Castro conta con 50 reses de raza cachena.