Deputación de Lugo

O Goberno Provincial salda a débeda de 3 millóns en facturas sen pagar que deixou o PP na Deputación

- Santos Ramos: “A realidade é que o Goberno de Candia non priorizou en ningún caso o pago de facturas; e non foi un problema de liquidez, tal e como demostramos ata hoxe mesmo” - A Xunta de goberno aprobou un novo convenio de colaboración con Cogami, dotado cunha achega de 50.000 euros que irán destinados ao Servizo de Intermediación Laboral - Na sesión, deuse conta dos beneficiarios de O teu esforzo ten premio en Lugo. Son os 17 mellores expedientes que, xunto cos aprobados anteriromente, suman 27 os beneficiarios desta iniciativa  

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou que a Xunta de Goberno da Deputación viña de aprobar diversos pagos cos que a Deputación volve a cumplir, tal e como se facia na anterior lexislatura, nos pagos a provedores “avanzando e pondo fin na dramática situación que deixou o Partido Popular de Elena Candia a esta institución, saldando a débeda de 3 millóns de euros de facturas sen pagar”, destacou Santos Ramos.

“A realidade é que o Goberno de Candia non priorizou en ningún caso o pago de facturas; e non foi un problema de liquidez, tal e como demostramos ata hoxe mesmo. Candia preferiu repartir 5 millóns de euros da Deputación entre os concellos do Partido Popular que facer fronte aos pagos de calqueira tipo de actuación, como poden ser obras en todo o territorio provincial ou mesmo os pagos a provedores da propia institución”.

Santos Ramos informou que “isto supuxo que a Deputación pasase de ser a que máis rápido pagaba as súas facturas, pois hai que lembrar que pechamos o 2014 con 8 días de periodo medio de pago; á situarnos case das últimas, xa que o Partido Popular triplicou, cando menos, esta media. O PP puxo a esta institución á cola no período de pago, lastre que aínda hoxe en día soporta a entidade, e todos aqueles que non poden cobrar tan axiña como o viñan facendo”.

“Desbloqueamos proxectos tan importantes para os veciños como o Ben Empregado, co; o Plan de Impulso do Campus de Lugo; as axudas de cooperación e asistencia aos Concellos, por valor de 2 millóns de euros e que estaban igual que cando deixamos o goberno; as axudas ás asociacións deportivas de toda a provincia, por valor de máis de 600.000 euros; ou máis de 500.000 euros en aportacións á colectivos sosciais e actividades culturais”.

Santos Ramos destacou que “o que fixemos foi solucionar as chapuzas do Partido Popular de Elena Candia, que utilizou esta institución de xeito partidista, interesado e caciquil, e non foi quén, nin tan sequera, de sacar adiante o traballo que xa estaba feito. Incluso prometeron inversións que nin tan sequera deixaron contempladas e que non tiñan consignación presupostaria. O que fixo o PP foi arrasar os cartos da Deputación de Lugo, sen medida e entre os seus”.

COGAMI
A Xunta de goberno aprobou un novo convenio de colaboración con Cogami, dotado cunha  achega de 50.000 euros que irán destinados ao Servizo de Intermediación Laboral. A través desta iniciativa, Cogami fixo posible que no último ano, 222 lucenses con discapacidade atopasen traballo en 113 empresas da provincia. A esta partida  súmase aos 124.000 euros aportados en 2015, así como outras medidas de apoio á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, como son a cesión gratuíta por 20 anos dunha parcela en Fingoi, ou a contratación de 5 profesionais en paro, a través do programa provincial Ben Empregado.

Con esta axuda, a Deputación atende as peticións deste colectivo, que denunciou que debido aos recortes tanto da Xunta de Galicia como do Goberno Central, que produciron que ao redor do 80% dos discapacitados non reciban ningunha prestación.

O teu esforzo ten premio en Lugo
Na sesión, tamén se deu conta dos beneficiarios de O teu esforzo ten premio en Lugo. Trátanse dos 17 mellores expedientes que resultaron beneficiados doutras tantas bolsas da Deputación, coas que lles custean a matrícula no Campus de Lugo. Son concretamente 12 mellores expedientes de BAC e FP que iniciaron este ano os seus estudos na USC en Lugo, e 5 mellores expedientes de Grao que están un cursar Máster tamén no Campus lucense.

Polo de agora, son 27 os mozos e mozas que non terán que pagar os custes de matrícula no Campus de Lugo grazas ás becas da Deputación; “becas para que as tivemos que abrir un novo prazo de solicitude pois a innoperancia do Partido Popular fixo que quedaran valeiras”, destacou Santos Ramos.