Deputación de Lugo

A Deputación actúa de novo en vias da Montaña por mor da neve

A Deputación actúa de novo en vías da Montaña por mor da neve. Concretamente, está a actuar en Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel e Cervantes. Preto de 20 operararios e 12 máquinas quitaneves, todoterreos e ata varios tractores con cuña, están a despexar treitos da rede provincial onde a acumulación de neve oscila entre os 10 e os 15 centímetros. O organismo provincial leva utilizado na xornada de hoxe preto de 1.000 quilos de fundentes. 

As estradas provinciais nas que está a traballar son as seguintes:

  • Folgoso do Courel: LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “Del Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, e LU-P-1301, 1303, 1305, 1306, 5601.
  • Cervantes: LU-P-1401 “De LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “De San Román a Quindós”; LU-P-1405 “De Campa da Braña a Tres Obispos”; LU-P-1411 “De Vilanova al Portelo”; LU-P-1412 “De Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”, e as LU-P-0702, 1401, 1402, 1403, 1404, 1406, 1407, 1408, 1409, 1410, 1411, 1412, 3505, 4505.
  • Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “De Pedrafita al Portelo”; LU-P-4503 “De San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “De Louzarela por Queixadoiro a Filloval” e as LU-P-1301, 1304,4501, 4502.

O organismo provincial manterá activo o dispositivo de inverno durante as vindeiras xornadas para garantir aos veciños e veciñas da zona a seguridade destas vías provinciais. 

Dispositivo de Inverno
O Dispositivo de Inverno da Deputación, composto por un total de 112 operarios e 64 máquinas, está a ofrecer asistencia, de xeito totalmente gratuíto, a todos os Concellos da provincia para acondicionar a rede viaria provincial. Entre as máquinas hai  quitaneves; tractores con cuchilla e e esparcedor de sal; todoterrenos e 2 vehículos de apoio con material mecánicos como motoserras.

Ademais, a Deputación conta con 235 toneladas de sal para os 12 silos, que se encontran en Cervantes, Folgoso do Courel, Becerreá, A Fonsagrada, Ribas do Sil, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Lugo, que se destinarán, de xeito gratuíto, a todos a calquera dos 67 Concellos da provincia que o necesiten.