Deputación de Lugo

A xustiza di non ao intento do PP de tumbar a moción de censura na Deputación

- O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 inadmitiu o recurso de Candia. “O Partido Popular volve a fracasar no seu intento de xudicializar a vida política” - Santos Ramos adiantou a inmediata posta en marcha do servizo gratis de asistencia xurídica dirixidos aos produtores lácteos para velar polo cumprimento dos contratos

A xustiza di non ao intento do Partido Popular de Candia de tumbar a moción de censura na Deputación de Lugo. O voceiro provincial socialista, Álvaro Santo Ramos, adiantou que o Xulgado Contencioso Administrativo número 1 inadmitiu o recurso que presentou Elena Candia neste senso (ADXÚNTASE O AUTO). “Unha vez máis, o Partido Popular  volve a fracasar no seu intento de xudicializar a vida política e de frear o traballo desta institución”, destacou.

Santo Ramos explicou que “Candia presentou un recurso en contra da moción de censura a través dun procedemento especial de dereitos fundamentais. Pola súa banda, os servizos xurídicos da Deputación presentaron unha solicitude de inadmisión por entender que o recurso está carente de fundamento. O que sucedeu hoxe é que a xustiza vólvenos a dar a razón, indamitindo, de plano, o recurso. Isto o que nos amosa é a constante necesidade de Elena Candia e do Popular de xudicializar a vida política, non sabemos moi ben o porque, xa que o PP ten sobrada experiencia en fracasar de xeito constante e consecutivo en todos estes intentos”.

Outros acordos
A Xunta de goberno aprobou comezar co proceso de contratación do servizos de telefonía fixa, móbil e datos, que permitirá un aforro do 31% nestes custos ao facer nun mesmo prego a contratación destas prestacións; así como o da adquisición de máis sal para o mantemento das estradas provinciais e municipais.

Aprobouse o convenio de colaboración co Concello de Lugo e a USC para a posta en marcha do proxecto Lugo+Biodinámico mediante o cal a Deputación achega 526.000 euros de fondos europeos.

Tamén se resolveron outras 4 becas para custear con fondos da Deputación a matrícula íntegra a mellores expediente de BAC, FP e Grao a través do plan “O teu esforzo ten premio en Lugo; así como a contratación doutros 2 lucenses que estaban no paro a través do Ben Empregado.