A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugura a Exposición Itinerante de Walter Ebeling
A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro, presentaron este mércores a exposición itinerante de Walter Ebeling no concello do Incio. Nesta colección promovida pola área de Cultura da Deputación de Lugo e pola Rede Museística Provincial móstranse fotografías do investigador e filósofo alemán durante o seu traballo de etnolingüística en Lugo entre 1928 3 1933. A mostra é totalmente gratuíta e estará dispoñible ata o 1 de setembro. Os horarios son de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas.