Deputación de Lugo

Recoñecidos bailaríns participarán na Capela de Santa María no 7º Encontro Internacional de Tango

Imaxe deputación de lugo
- A Deputada de Cultura inaugurou  este xoves esta iniciativa que organiza a Asociación Cultural Tango Club Galicia dende hoxe e durante a fin de semana - Milongas, seminarios e terapias son algunhas das actividades gratuítas

A Deputada de Cultura Pilar García Porto, inaugurou  este xoves na Capela de Santa María o 7º Encontro Internacional  “Tangoliber” que organiza a Asociación Cultural Tango Club Galicia. Esta nova edición celébrase do 21 o 24 de xullo en Lugo e  contará coa actuación de parellas de bailaríns líderes en Europa e Arxentina, recoñecidos DJ´s de tango, talleres para todos os niveis, bailes sociais, etc.

García Porto resaltou a importancia da posta en marcha deste tipo de iniciativas que permiten achegar esta práctica a todos os lucenses e, especialmente, a aqueles que están interesados no tango ou incluso involucrados no eido máis profesional desta disciplina.

Dentro dos obxectivos do Encontro Internacional destacan a inserción da cidade como área de referencia dentro do gran circuíto europeo e mundial, atraer afeccionados e acercar a cultura do tango a poboación ofrecendo actividades abertas e gratuítas.

Programación do “Tangoliber”
Xoves 21 de xullo:

  • 19:00 a 19:45 horas - Clase de Iniciación o Tango (Capela de Santa María)

Impartida por Magín López e Alejandra Botigué.

  • 20:00 a 23:00 horas – Milonga de benvida (Capela de Santa María)

Exhibición dos bailarines Leonardo Mosqueda e Carina Lucca. Musicaliza a milonga Magín López Expósito. Actividade aberta e gratuíta para o público.

Venres 22 de Xullo:

  • 13:00 a 14:30 horas - Seminarios especializados de Tango (Gran Hotel Lugo)

So poderán participar a xente con inscrición.

  • 16:00 a 18:00 horas -  Milonga de Tarde (Capela de Santa María)

Musicaliza a actividade Antonio González. Actividade aberta e gratuíta para o público.

  • 17:00 a 21:30 horas - Seminarios especializados de Tango (Gran Hotel Lugo)

Dirixido para participantes con inscrición.

  • 19:00 a 20:00 horas – Tangoterapia (Capela de Santa María)

Estratexias de relaxación corporal progresivas, respiración,  concentración y potenciación do equilibrio dinámico a través do tango impartida polo psicólogo Julio Corredoira. Esta actividade é aberta e gratuíta para o público.

  • 23:00 horas - Gran Milonga do venres

Musicaliza a actividade Víctor Ariel Yuryevic. Dirixido para participantes con inscrición.

Sábado 23 de xullo:

  • 11:30 a 14:30 horas - Seminarios especializados de Tango (Gran Hotel Lugo)

Dirixido para participantes con inscrición.

  • 16:00 a 18:00 horas – Milonga de Tarde (Capela de Santa María)

Musicaliza a sesión Magín López Expósito. Actividade aberta e gratuíta para todo o público.

  • 18:00 a 21:00 horas – Seminarios especializados de Tango (Gran Hotel de Lugo)

Dirixido para participantes con inscrición.

  • 19:00 a 20:00 horas – Tangoterapia (Capela de Santa María)

Estratexias de relaxación corporal progresivas, respiración,  concentración e potenciación do equilibrio dinámico a través do tango impartida polo psicólogo Julio Corredoira- Actividade gratuíta e aberta o público.

  • 23:00 horas - Gran Milonga de Tango Club Galicia

Musicaliza a actividade Marcelo Rojas. Dirixido para participantes con inscrición.

Domingo 24 de xullo:

  • 11:30 a 12:30 horas -  Clase de Folklore Argentino
  • 12:30 a 14:30 horas - Milonga na Praza Maior (Praza Maior)

 Actividades gratuítas para todo o público.

Tango Club Galicia
Esta asociación cultural sen ánimo de lucro creada por amantes do tango é a organizadora deste evento. A súa finalidade é difundir e facilitar a participación e as relacións de amizade entre os asociados e todos os simpatizantes deste arte. A Asociación organiza clases regulares, seminarios, encontros, eventos e traballa para transformar a realidade social a través da cultura.