Deputación de Lugo

Alumnos da TIC convocan un casting na EIS os días 25 e 26 de outubro para un vídoeclip da cantante Lucía Pérez

Imaxe deputación de lugo
-Estudantes de 2º elaborarán o vídeo promocional da canción “Tú sin mi” para o que seleccionarán actores e actrices de entre 25 e 35 anos -Os interesados poden informarse a través do correo videoclipluciaperez@gmail.com ou chamando ao número 648623945

Alumnos e alumnas de 2º de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC serán os encargados de elaborar o vídoeclip da canción “Tú sin mi” da cantante lucense Lucía Pérez.

Para a gravación deste vídeo promocional precísanse actores e actrices polo que convocan un casting o martes e mércores, 25 e 26 de outubro, na sede da Escola, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, a carón do antigo hospital de San José, en horario de 17:00 a 20:30 horas.

Os aspirantes deberán ser mozos e mozas de entre 25 e 35 anos. Todos os interesados poden obter máis información na dirección de correo videoclipluciaperez@gmail.com ou chamando ao número de teléfono: 648623945

Este traballo do alumnado da EIS forma parte dos proxectos que realizan e producen durante o curso dentro dos módulos: Xestión de Proxectos de Cine, Vídeo e Multimedia; e Procesos de Realización en Cine e Vídeo.