Deputación de Lugo

Sonsoles López Izquierdo participou na Clausura da Asamblea da Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, asistiu este venres a clausura da Asamblea Extraordinaria da Asociación de empresarios da 1ª Transformación da Madeira. López Izquierdo remarcou a importancia deste sector para a provincia que conta con máis de 3.000 empresas, e crea 20.000 postos de traballo directo e 50.000 indirectos. Explicou que é fundamental contribuír a modernizar este sector, xa que é vital para evitar o abandono do medio rural, axuda a fixar poboación, e contribúe a prevención dos incendios forestais.